Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Psicoxerontoloxía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Ciencias del comportamiento y psicología.
Centro(s)
Facultade de Psicoloxía
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813719 (Decanato)
decanato.psicoloxia@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
David Facal Mayo
Contacto
david.facal@usc.es

Este máster interuniversitario está organizado polas universidades de Barcelona, Salamanca, Santiago de Compostela e Valencia e o seu obxectivo é a formación especializada en Psicoloxía do avellentamento para poder desenvolver un traballo cualificado nos diferentes contextos e dispositivos de atención a persoas maiores.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4314476
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 20

    Decano/a ou director/a do centro:
    María José Sampedro Vizcaya
    mariajose.sampedro@usc.es

    Coordinador-a do título:
    David Facal Mayo
    david.facal@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Salamanca Universidade de Valencia Universidade Autonóma de Barcelona

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 18/03/2014 (DOG 28/03/2014)

    Data de publicación no BOE:
    18/03/2016

    Data da última acreditación:
    06/06/2018

    Este máster proporciona formación especializada a profesionais da psicoloxía para que podan desenvolver un traballo cualificado, en avaliación, diagnóstico e intervención, nos diferentes contextos e dispositivos residenciais, ambulatorios, comunitarios ou domiciliarios de atención a persoas maiores. É un máster interuniversitario impartido nas universidades de Barcelona, Salamanca, Santiago de Compostela e Valencia.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 24
    Optativas: 15
    Prácticas externas OB 13
    Traballo fin de máster: 8
    Total: 60

    Non se contemplan

  • Este máster interuniversitario está organizado polas universidades de Barcelona, Salamanca, Santiago de Compostela e Valencia e o seu obxectivo é a formación especializada en Psicoloxía do avellentamento para poder desenvolver un traballo cualificado nos diferentes contextos e dispositivos de atención a persoas maiores.

  • Modalidade: criterios xerais

    Titulacións de acceso:

    Licenciatura ou Grao en Psicoloxía.

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Para realizar as prácticas externas será requisito superar a totalidade de créditos obrigatorios. A planificación temporal garante que o/a estudante poderá cursar a totalidade dos créditos obrigatorios.

    Trátase de que o alumno aplique os coñecementos adquiridos nas materias obrigatorias e optativas como profesional psicólogo nos distintos centros en que se realicen as prácticas, demostrando que se adquiriron coñecementos, actitudes e habilidades para enfrontarse con eficiencia e profesionalidade ás tarefas de avaliación e intervención psicolóxica con persoas maiores sas e enfermas nos contextos familiares e institucionais.

    Todas as Universidades asinaron convenios con entidades de atención a persoas maiores para a realización de prácticas externas, as cales contan no seu persoal con polo menos un psicólogo/a que poderá exercer as funcións de titor/a externo.

  • Os estudantes consensuarán co titor/a o tópico ou tema que vai tratar no seu traballo de fin de máster dentro do seu ámbito disciplinar e temático.

    Para iniciar a elaboración do traballo recoméndase ter superado as materias obrigatorias do máster. Segundo a RD do 11 de decembro de 2009, para presentar o traballo será requisito superar todas as demais materias do Máster.

    O traballo de fin de máster é un traballo orixinal, autónomo e individual de cada estudante. Realizarase baixo a supervisión dun director ou dunha directora que orientará e asistirá ao estudante. O estudante acordará co seu director ou directora a secuenciación e temporización de tarefas que vai realizar, e culminará cunha defensa oral do traballo perante unha comisión designada pola Comisión Académica de entre o profesorado do máster.

  • O cadro docente do máster está formado por un amplo elenco de profesores das universidades participantes, todos eles con unha relevante traxectoria profesional, docente e investigadora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2025.