Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Optometría

  • En tramitación
  • Nova oferta
Modalidade
Híbrida
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Fisioterapia, podología, nutrición y dietética, terapia ocupacional, óptica y optometría y logopedia
Centro(s)
Facultade de Óptica e Optometría
Edificio Monte da Condesa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813510 (Conserxaría)
881813516 (Decanato)
facultade.opticaeoptometria@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

O Máster en Optometría supón, un avance no coñecemento científico e clínico para os graduados ópticos optometristas, o que facilita unha maior mobilidade profesional na Unión Europea e noutros países (EE. UU., Canadá, Australia, Nova Zelanda, Colombia, etc.), onde a Optometría alcanza altos estándares de calidade. Neste sentido, é de destacar a consideración do Diploma Europeo en Optometría, desenvolvido pola ECOO (European Council of Optometry and Optics) para asegurar unha formación e unha práctica en optometría con altos estándares de calidade ao longo de toda a Unión Europea, e que permita o libre movemento de optometristas en Europa.
A través do Máster en Optometría, tamén se pretende avanzar a investigación para a xeración de coñecemento científico no dito ámbito; unha investigación multidisciplinar, dirixida ó avance da saúde, concretamente da saúde visual da poboación, mostra do seu interese para a trasferencia á sociedade.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4316688
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 20

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    13/06/2018

    Data de publicación no BOE:
    04/01/2019

    Data da última acreditación:
    12/12/2024

  • Obligatorias: 21
    Optativas: 21
    Prácticas externas OB 6
    Traballo fin de máster: 12

    Total ECTS: 60

    O plan de estudos do Máster en Optometría ten un total de 60 ECTS (1 ECTS = 25 horas), divididos en 2 semestres, de 30 ECTS cada un.
    O primeiro semestre está dedicado á impartición de disciplinas obrigatorias (21 ECTS) e optativas (9 ECTS).
    O segundo semestre da titulación está dedicado a completar as materias optativas (12 ECTS), ás Prácticas Externas (6 ECTS) e ao TFM (12 ECTS).

    • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • O obxectivo principal do máster é proporcionar aos estudantes unha formación avanzada en optometría e visión, que lles sexa de utilidade para a realización dun doutoramento relacionado coas áreas de coñecemento relacionadas co dito máster. Ao mesmo tempo, que achegará coñecementos e destrezas avanzadas que son moi adecuados para a práctica da Optometría. De maneira desagregada:
    1. Proporcionarlle ao alumnado unha formación avanzada e de carácter especializado e multidisciplinar das áreas relacionadas coa visión.
    2. Formar ao alumnado na realización de traballos e estudos en áreas vinculadas a actividades científicas e investigadoras ou dirixidos a outras actividades profesionais como son a súa incorporación a empresas tecnolóxicas, o traballo en laboratorios en I+D+i ou o contorno profesional no campo da saúde visual.
    3. Formar futuros profesionais capacitados para a creación de empresas de carácter tecnolóxico, innovador ou de alto valor engadido.
    4. Constituír unha oferta de máster complementaria aos graos e másteres xa existentes no campus Vida e a oferta xeral da rexión.

  • Mobilidade

    Na USC, a mobilidade de estudantes propios e de acollida está regulada a través do Regulamento de intercambios interuniversitarios aprobado polo Consello de Goberno da USC o 6 de febreiro de 2008 e publicado no Diario Oficial de Galicia o 26 de marzo Regulamento de intercambios interuniversitario de estudantes da USC (dispoñible en: https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado)
    O Servizo de Relacións Exteriores (SRE), dependente do Vicerrectorado de Titulacións e Internacionalización, é o responsable dos programas de mobilidade estudantil, tanto para os estudantes propios como para os de acollida. Xestiona proxectos internacionais de intercambio como Erasmus e Erasmus+, entre outros. Ademais, dispón dun Centro de Benvida Internacional como referencia de entrada para os estudantes de acollida.
    Máis información pódese atopar en: https://www.usc.gal/es/servicios/unidades/oficina-mobilidad.
    A súa planificación e xestión desenvólvese a través do vicerrectorado de internacionalización e do Servicio de Relacións Exteriores da Universidade, en coordinación coa Facultade a través da #Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos# (UAGCD) e do responsable de programas de intercambio. Pódese atopar a información sobre movemento nesta páxina: https://www.usc.gal/es/servicios/unidades/oficina-mobilidad.

    Prácticas

    As prácticas académicas externas realízanse na súa modalidade curricular, formando parte do plan de estudos e do proxecto formativo. Correspóndese cunha materia obrigatoria do segundo semestre con 6 ECTS. De acordo co RD 822/2021, constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes e supervisada pola universidade, co obxectivo de permitir que apliquen e complementen os coñecementos adquiridos na súa formación académica. O tamaño da materia equivale a un 10% dos créditos do máster, o que dá idea da súa envergadura e interese no plan de estudos. Estas prácticas posúen un carácter relevante debido á vertente profesional do título, con especial atención a aqueles estudantes con formación clínica previa. Considérase altamente recomendable o contacto coa profesión xa sexa a nivel clínico ou investigador, sendo por tanto estas prácticas obxecto de promoción e seguimento especial. A Facultade de Óptica e Optometría, en colaboración coa Comisión de Título de Máster do Máster e o coordinador de prácticas externas, organiza e xestiona as prácticas académicas externas do alumnado garantindo a súa calidade, recoñecemento académico e aproveitamento. Velarase porque as prácticas teñan unha función esencialmente formativa e non se produzan abusos ou distorsións na súa realización. Para iso, é fundamental contar coa figura dun/a coordinador/a de prácticas externas, que se encargará daquelas sesións de contacto co alumnado ó que se lle adxudiquen as prácticas tanto previamente á realización destas como durante o desenvolvemento do proceso de prácticas.
    Ofrécense prazas en empresas do sector da optometría (centros ópticos, clínicas, etc.) e centros de investigación singulares da USC. A listaxe de convenios vixentes na Facultade de Óptica e Optometría destinados ás prácticas externas pódese consultar no espazo de prácticas do sitio web: https://www.usc.gal/es/centro/facultad-optica-optometria/practicas-tute…. Ademais, tanto os profesores como os alumnos poderán propor novos convenios entre a USC e outras empresas ou institucións, sendo necesario que estean asinados antes da incorporación do alumnado. A asignación de centro realízase nun acto público por orde de maior a menor puntuación en virtude do expediente académico do estudante (RD 10/03/2011) segundo a nota media de acceso ao Máster Universitario en Optometría.
    As prácticas externas de máster prográmanse ao longo do segundo semestre e ata o final do curso académico. A dedicación máxima no lugar de destino de formación limítase a un máximo de 40 horas semanais ata un máximo de 120 horas durante o perito de prácticas (aproximadamente 4 semanas). Ao finalizar as prácticas, o/a estudante entregaralle á Facultade de Óptica e Optometría unha Memoria final e o/a titor/a de empresa remitirá un Informe Final de avaliación do/a estudante ao titor/a académico/a.

  • O TFM consta de 12 ECTS. A matrícula, realización, defensa e tramitación administrativa dos TFM realizarase conforme a normativa vixente na universidade e á normativa específica de cada centro. O tamaño da materia equivale a un 20% dos créditos do máster, o que dá idea da súa envergadura e interese no plan de estudos. Este traballo posúe un carácter relevante debido á vertente investigadora do título, con especial atención a aqueles estudantes que pretenden continuar a súa formación cun doutoramento ou teñen como obxectivo a empresa privada no eido da investigación. A Facultade de Óptica e Optometría organiza e xestiona os TFM do alumnado garantindo a súa calidade, recoñecemento académico e aproveitamento. A definición, realización, defensa, cualificación e tramitación administrativa dos TFM realízanse conforme a normativa vixente na Universidade e á normativa específica da Facultade de Óptica e Optometría. O TFM está orientado á avaliación das competencias asociadas ao título. No Máster en Optometría, recóllese que os TFM poden ser de dous tipos: investigación científica ou revisión bibliográfica. En ámbolos casos, estará relacionado con calquera das temáticas tratadas nas disciplinas do título. Nel, os estudantes deberán demostrar os coñecementos e competencias adquiridos no conxunto do Máster. O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo orixinal no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos estudos. Incluirá tarefas de busca e revisión bibliográfica, análise crítica, sistematización e integración de información, redacción e presentación oral e escrita.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2025.