Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Optometría

Modalidade
Semipresencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Óptica e Optometría
Edificio Monte da Condesa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813510 (Conserxaría)
881813516 (Decanato)
facultade.opticaeoptometria@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Hugo Pena Verdeal
Contacto
hugo.pena.verdeal@usc.es
Master en optometria

O obxectivo principal do mestrado é proporcionar aos estudantes unha formación avanzada en optometría e visión.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4316688
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA JESUS GIRALDEZ FERNANDEZ

    Coordinador-a do título:
    Hugo Pena Verdeal
    hugo.pena.verdeal@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    4/01/2019

    Data da última acreditación:
    18/04/2018

    O Máster en Optometría ten unha orientación mixta, profesional e investigadora, e está dirixido especialmente a graduados en óptica e optometría e tamén a outras titulacións en ciencias da saúde e en ciencias interesadas en melloraren os coñecementos nas áreas propias da optometría para aplicalos á investigación e á especialización profesional, en atención primaria visual nos niveis de promoción, prevención, diagnóstico, tratamento, rehabilitación e investigación científica e tecnolóxica.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 21
    Optativas: 21
    Prácticas externas 8
    Traballo fin de máster: 10
    Total: 60

    Non se contemplan

  • O obxectivo principal do mestrado é proporcionar aos estudantes unha formación avanzada en optometría e visión.

  • Modalidade: criterios xerais

    Titulacións de acceso:

    -Titulacións en Óptica e Optometría; Bioloxía; Farmacia; Medicina.
    -Outras titulacións da rama de Ciencias da Saúde

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O/a estudante do Máster en Optometría debe, de forma obrigatoria, cursar 8 créditos ECTS de prácticas externas. Para favorecer a realización destas prácticas a Universidade puxo en marcha unha serie de convenios con diferentes institucións clínicas, así como a Clínica Optométrica da USC, onde os/as estudantes poderán formarse en atención clínica a pacientes externos. Estas prácticas teñen como finalidade o exercicio de todas as técnicas e metodoloxías estudadas previamente.

  • O/a estudante deberá realizar un traballo de fin de máster de 10 ECTS (equivalente a un tempo de traballo de 250 horas) no cal deberá desenvolver un traballo tutelado de investigación, básica ou clínica, ou de revisión bibliográfica, que permita comprobar a autonomía do futuro egresado no seu desenvolvemento profesional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.07.2024.