Acceso
Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.
Admisión
Modalidade: matrícula directa
Titulacións de acceso
1.- Titulacións preferentes
a. Titulados en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Psicoloxía e Veterinaria.
b. Titulados en Odontoloxía, Enfermaría, Fisioterapia, Logopedia, Podoloxía e Terapia Ocupacional.
c. Titulados en Biotecnoloxía, Física, Química, Matemáticas, Ciencias do Mar, Técnicas Estatísticas, Estatística, Nutrición Humana e Dietética, Óptica e Optometría.
2.- Titulacións non preferentes
Outras titulacións.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.