Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Robótica

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Campus
Lugo
Robótica

O obxectivo do Grao en Robótica é proporcionar unha formación sólida aos estudantes que os capacite para traballar en ámbitos altamente especializados relacionados coa robótica mediante unha formación eminentemente aplicada e impartida por profesorado especializado.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2503954
    Número prazas: 50

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Roberto Iglesias Rodriguez
    roberto.iglesias.rodriguez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

    Data de publicación no BOE:
    08/07/2020

    Data da última acreditación:
    19/07/2019

    O obxectivo do Grao en Robótica é proporcionar unha formación sólida aos estudantes que os capacite para traballar en ámbitos altamente especializados relacionados coa robótica mediante unha formación eminentemente aplicada e impartida por profesorado especializado.

    O grado estruturase en catro cursos, con prácticas en empresa obrigatorias, e onde os/as estudantes desenvolverán capacidades para deseñar solucións innovadoras baseadas nun sólido coñecemento teórico e coa aplicación de novas tecnoloxías. Os titulados no Grao en Robótica teñen o recoñecemento a nivel europeo ao estar esta titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

    O título de Grao en Robótica, pola USC, contempla unha única especialización, coa mención de “AgroRobótica”. Para obter a mención en “AgroRobótica” o estudante ten que seguir un itinerario formado por 30 ECTS de materias relacionadas coa mención escollida optando entre unha oferta de 6 materias (36,0 ECTS).

    O deseño do título permite ademais que con 240 ECTS cursados se poida obter o grao sen intensificación ou mención grazas a un amplo conxunto de posibilidades combinatorias de elección de materias optativas que non configuran ningún itinerario concreto (Graduado/a en Robótica).

    O perfil de ingreso recomendado son alumnos/as de bacharelato (modalidade de Ciencias e Tecnoloxía) ou de ciclos formativos superiores das familias de Electricidade e Electrónica e de Informática e Comunicación.

  • Neste título ofrécese a posibilidade de optar á mención de “Agro-Robótica”, para o que deberá cursarse necesariamente 30 ECTS de materias optativas relacionadas coa mención elixida incluídas no módulo de optatividade correspondente a este itinerario, así como realizar o TFG e as prácticas externas en ámbitos relacionados coa “Agro-Robótica”.

    Para esta mención tamén se formula a posibilidade de que os estudantes cursen materias de carácter obrigatorio e/ou optativo das titulaciones de Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural impartidas na EPS de Enxeñaría como materias optativas do Grao en Robótica.

    De non reunir os requisitos sinalados o alumno/a obterá o título sen mención.

  • A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC) conta con 18 aulas de uso xeral, 6 salas de seminario e 6 aulas de informática para docencia. Dispón de 18 laboratorios, 8 naves taller e 2 aulas de expresión gráfica. Destacar a dispoñibilidade dos Laboratorios de Robótica I e de Robótica II, Laboratorios de Física I e de Física II, do Laboratorio de Mecanización, Sensorización e Visión artificial, do Laboratorio de Electrotécnia e Automatización, e así como do Laboratorio de Instrumentación.

    Destacar o esforzo realizado para, ademais do equipamento xa existente na USC e na EPS de Enxeñaría para a docencia especializada, dotar a este grao de todo a infraestrutura necesaria unha docencia de calidade: un amplo abanico de plataformas robotizadas e completamente sensorizadas para o seu control autónomo, entre as que se poden mencionar robots móbiles adaptados para a realización de prácticas en interiores, así como outros robots móbiles preparados para moverse en exteriores, en terreos moi irregulares, e con capacidade de carga, brazos articulados, robots aéreos, robots de servizos e bípedos humanoides, paneis de automatización industrial, postos dotados con sistema mecatrónico, banco de transmisións, equipos de sensores e mecanismos, cámaras, kits de enxeñaría e robótica para ensamblaxe de robots, etc.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, cóntase tamén cunha aula de informática de acceso libre, existindo conexión sen fíos dende calquera punto do centro.

    O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros situado ao lado do centro onde os alumnos dispoñen de máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

  • O obxectivo do Grao en Robótica é proporcionar unha formación sólida ao alumnado, que o capacite para traballar en ámbitos altamente especializados, relacionados coa robótica mediante unha formación eminentemente aplicada e impartida por profesorado especializado.

  • Mobilidade

    As accións de mobilidade dos/as estudantes pretenden mellorar a calidade da educación superior e reforzar a súa dimensión, tanto nacional como internacional, fomentando a cooperación entre as universidades, potenciando os intercambios e mellorando a transparencia e o recoñecemento académico de diferentes estudos e cualificacións. Neste sentido, considéranse unha peza importante para a consecución dos obxectivos propostos no título, tanto no que se refire ás competencias xerais dos futuros egresados como ás competencias transversais a adquirir coa titulación.

    A EPS de Enxeñaría conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida.

    Realízase a partir do segundo ano de estudos da titulación, en períodos semestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha comisión de selección, de acordo con criterios de baremación previamente establecidos que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a universidade de destino.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Nesta titulación as prácticas externas contémplanse como obrigatorias cunha carga de 12 ECTS. Consistirán na realización de prácticas nunha empresa ou organismo durante 30 h máis a elaboración do informe correspondente.

    A oferta de prácticas no Grao sustentarase no actual programa de prácticas externas que xestiona a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. A EPS conta con preto de 400 convenios con empresas e institucións para que o alumnado das distintas titulaciones que se imparten nela poida realizar prácticas externas.

    As prácticas realizaranse a tempo completo preferibelmente nun período non lectivo de aproximadamente oito semanas de duración planificado para o segundo semestre do cuarto curso aínda que o alumnado poderá realizalas ao longo do curso académico. Cando as características do traballo así o requiran, poderanse establecer períodos e xornadas diferentes de realización (tempo parcial, días alternos, etc.), garantindo en todo caso as 300 horas de dedicación dos estudantes.

    A organización, xestión e seguimiento das prácticas externas correrá a cargo da subdirección de prácticas e orientación laboral do centro, sempre de acordo con normativa da USC e a normativa propia da EPS, que se encargará da asignación dos centros de prácticas e do seu seguimento. Ademais, proporá á Comisión do Título a asignación ao alumno dun titor académico entre o persoal docente e investigador do centro, que fará un seguimiento do traballo realizado e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización da práctica.

  • As ensinanzas conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo Fin de Grao de 12 ECTS. O Traballo Fin de Grao poderá presentarse e defenderse cando o alumno/a teña superados todos os demais créditos necesarios para a obtención do título, é dicir, 228 ECTS

    O obxectivo do TFG será verificar a adquisición por parte do estudante das destrezas e competencias descritas con anterioridade nos obxectivos xerais do título de grao, xunto a destrezas específicas de orientación académica ou profesional. Consistirá nun proxecto, estudo técnico, traballo de investigación aplicada ou outra actuación que poida ser considerada como traballo facultativo ou profesional dentro do ámbito das robótica.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2024.