-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 70.5
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 10
Clase Interactiva: 30
Total: 112.5Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Arquitectura e Tecnoloxía de ComputadoresCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
O obxectivo desta materia é presentar aos futuros enxeñeiros os aspectos básicos e de deseño das redes de comunicacións de voz e datos actuais, así como da xestión e administración dos dispositivos de rede. En primeiro lugar abordaranse cuestións relacionadas coa calidade de servizo e coas transmisións multimedia, para logo tratar sobre as principais tecnoloxías LAN (Ethernet, WLAN), redes de acceso residencial (FTTH, GPON, VoIP) e tecnoloxías de área ampla (5G, MetroEthernet, MPLS). Tentarase que o alumno coñeza a metodoloxía de deseño das redes empresariais e sexa capaz de tomar decisións sobre tecnoloxías, dispositivos de interconexión, protolocos e seguridade.
Nas prácticas tratarase sobre sobre a configuración e administración dos dispositivos de rede (switches, routers, devasa, etc). En concreto, estudarase como repartir ou limitar o ancho de banda, xestionar os algoritmos de rutado, establecer devasas e construír VLANs e túneles.
Posto que esta é unha materia de especialización, suporase adquirido con anterioridade un coñecemento básico de arquitecturas e protocolos de rede. Profundarase en tecnoloxías, modelos e protocolos. A materia é, doutra banda, complementaria das materias da titulación de "Administración de Sistemas e Redes" e "Computación na Nube" nas que tamén se imparten distintos aspectos de administración de redes.CONTIDOS E TEMPORIZACIÓN DAS CLASES EXPOSITIVAS
10 sesións dunha hora + 18,5 horas de traballo persoal:
Tema 1: Calidade de servizo (1,5 sesións + 3,5 horas de traballo persoal)
Neste tema estudaremos as características que han de ter redes e protocolos para proporcionar QoS, imprescindible para as novas aplicacións de telefonía e videoconferencia IP, xogos en rede, o pago por visión (streaming), aplicacións en tempo real, etc.
* Sesión 01: Calidade de Servizo, IntServ e DiffServ
* Sesión 02: RTP, VoIP e Multicast.
Tema 2: Redes de área local e metropolitanas (2,5 sesións + 5 horas de traballo persoal)
Neste tema estúdanse as distintas posibilidades que ten unha empresa para construír as súas redes de área local e metropolitanas.
* Sesión 03: Ethernet. Interconexión de LANs
* Sesión 04: Redes inalámbricas
Tema 3: Redes de área extensa (3 sesións + 5 horas de traballo persoal)
Neste tema estúdanse as redes que as compañías telefónicas e os provedores de servizos de Internet proporcionan aos seus clientes para construír redes de voz e de datos de área ampla.
* Sesión 05: Rede telefónica conmutada
* Sesión 06: Telefonía móbil
* Sesión 07: MPLS e redes troncales
Tema 4: Deseño de redes (3 sesións + 5 horas de traballo persoal)
Este tema é aplicación directa dos contidos presentados nos dous anteriores. Unha vez coñecidos os modelos de rede dispoñibles comercialmente, estúdase unha metodoloxía de deseño dunha rede empresarial empregando unha estratexia de arriba a abaixo.
* Sesión 08: Deseño de redes empresariais 1
* Sesión 09: Deseño de redes empresariais 2
* Sesión 10: Exemplos de deseño
CONTIDOS E TEMPORIZACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS
12 sesións de 2,5 horas + 50 horas de traballo persoal:
Mediante simulacións con máquinas virtuais e aplicacións dispoñibles en Linux trátanse cuestións relacionadas coa configuración de dispositivos (switches, bridges e routers), configuración e xestión de redes (devasas, redes privadas virtuais, VLAN) e a calidade de servizo. Ademais, proponse un traballo de deseño da rede dunha empresa. Planificación aproximada das prácticas en sesións de 2,5 horas:
* P01. Rutado simple (3 horas (sesión 01) +4 horas de traballo personal)
* P02. Configuración de routers (5 horas (sesions 02 e 03) +8 horas de traballo personal)
* P03. VLANs (2 horas (sesión 04) +2 hora de traballo personal)
* P04. Devasas (2 horas (sesión 05) +2 horas de traballo personal)
* P05. Calidade de servicio (4 horas (sesións 06 y 07/1) +9 horas de traballo personal)
* P06. Pontes e switches (2 horas (sesión 07/2) +2 horas de traballo personal)
* P07. Multicast (2 horas (sesión 08) +3 horas de traballo personal)
* P08. Enrutamiento avanzado (4 horas (sesións 09 e 10/1) +9 horas de traballo personal)
* P09. MPLS (4 horas (sesions 10/2 e 11) +2 horas de traballo personal)
* P10. Deseño da rede dunha empresa (2 horas (sesión 12) +9 horas de traballo personal)BIBLIOGRAFÍA BÁSICA DESCARGABLE
- Apuntes de Diseño y Administración de Redes. Proporciónanse apuntamentos elaborados polo profesor que cobren a totalidade dos temas teóricos e prácticos da materia.
- Cisco Systems, "Small Enterprise Design Profile Reference Guide", 2010, http://www.cisco.com/c/en/us/td/docs/solutions/enterprise/small_enterpr…
- Cisco Systems, "Medium Enterprise Design Profile Reference Guide", 2013, http://www.cisco.com/c/en/us/td/docs/solutions/enterprise/medium_enterp…
- Cisco Systems, "Design Zone", http://www.cisco.com/c/en/us/solutions/design-zone.html
BIBLIOGRAFÍA BASICA EN PAPEL
- A. Bruno e S. Jordan, "CCNP Enterprise Design ENSLD 300-420 Official Cert Guide: Designing Cisco Enterprise Networks", Cisco Press, 2020. É o libro que máis se adapta á materia, aínda que, dada a natureza avanzada desta, non cobre estritamente todos os temas.
- D. Benchimol, "USERS: Redes CISCO, Instalación y administración de hardware y software" (1ª ed), Creative Andina Corp, 2010, ISBN: 978-987-663-024-5. Un libro máis básico que o anterior.
- P. Oppenheimer, "Top-down network design" (3ª ed), Cisco Press, 2010, ISBN: 978-1-58720-283-4. É un libro moi interesante que trata da metodoloxía de deseño formal das redes empresariais. Utilizarase sobre todo no tema 4.Nesta materia tentarase que o alumno adquira os coñecementos fundamentais para manexarse no amplo e complexo campo das comunicacións e redes de computadores. En concreto, tentarase que o alumno coñeza a metodoloxía de deseño das redes empresariais e sexa capaz de tomar decisións sobre tecnoloxías, dispositivos de interconexión, protocolos e seguridade.
Esta materia contribúe a adquirir as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñería Informática CG4, CG8, CG9, CG10, FB5, RI1, RI2, RI10, TI5, e TI6. Con maior intensidade desenvólvense as competencias CG6, RI5, TI2 e TI4, relacionadas coa capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización.
As competencias xenéricas que se desenvolverán son as seguintes: capacidade para resolver problemas, capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación. Capacidade de xestión de información (captación e análise de información), resolución de problemas, toma de decisións, capacidade de aplicar vos coñecementos á práctica, habilidade para traballar de forma autónoma, e expresión escrita, que forman parte das competencias transversais TR1 e TR3.
Ademais das competencias anteriores, nesta materia desenvólvense as seguintes competencias e resultados da aprendizaxe recolleitos dentro do grupo temático Redes da memoria do título de Grao en Enxeñería Informática:
- Coñecer as diferentes tecnoloxías de rede, tanto locais como de área extensa, de cable e inalámbricas.
- Escoller a tecnoloxía de rede e os protocolos máis adecuados dados uns requirimentos.
- Configuración de routers e doutros elementos de interconexión.
- Deseñar e desenvolver redes corporativas a pequena e mediana escala.
- Analizar e optimizar as redes de computadores en termos de utilización, rendemento e calidade de servizo.CLASES EXPOSITIVAS
Nas clases teóricas describiranse os aspectos básicos e de deseño das redes de comunicacións de voz e datos actuais. Estas clases impartiranse na aula da USC e para as explicacións farase uso de sistemas multimedia.
Mediante as clases expositivas desenvolveranse as competencias CG8, CG10, FB5, RI10, TI5, TI6, CG6, RI5, TI2 e TI4, así como a competencia de coñecer as diferentes tecnoloxías de rede, tanto locais como de área extensa, de cable e inalámbricas, e a competencia de escoller a tecnoloxía de rede e os protocolos máis adecuados dados uns requirimentos.
CLASES INTERACTIVAS
Nas clases prácticas o estudante desenvolverá os aspectos introducidos nas clases de teoría, ademais de tarefas de xestión e de administración de dispositivos de rede. As sesións prácticas impartiranse en grupos reducidos nas aulas de informática da USC. Para poder realizar tarefas de administración, utilizaranse de forma intensiva máquinas virtuais Linux nas que o alumno realizará as instalacións e configuracións de enrutamiento avanzado, programación de routers, calidade de servizo, etc. O alumno poderá á súa elección realizar as prácticas na súa propio portátil, posto que a totalidade dos programas que se utilizan son software libre. Tamén se realizará un traballo de deseño de redes corporativas.
Mediante prácticas desenvolveranse as competencias CG1, CG2, CG4, CG9, RI1, RI2, TR1 e TR3, así como a competencia de configuración de routers e doutros elementos de interconexión, e a competencia de analizar e optimizar as redes de computadores en termos de utilización, rendemento e calidade de servizo. Tamén se cubrirá a competencia de deseño e desenvolvemento de redes corporativas a pequena e mediana escala.
A metodoloxía didáctica centrarase especialmente no traballo individual dos alumnos, pero tamén se fará un especial esforzo para fomentar a discusión na clase e nos foros.
TUTORÍAS
As tutorias realizaranse de forma presencial ou virtual.
MATERIAIS E FERRAMENTAS
A aprendizaxe do alumno tamén estará apoiado no ensino virtual, a través do Campus Virtual da USC. Na páxina da materia o alumno poderá obter unha copia en formato dixital do material usado nas clases, así como material suplementario e ligazóns as páxinas web relacionadas cos contidos da materia. Estarán á disposición dos alumnos diversos sistemas (MS Teams, correo electrónico, foro de discusións, chat), onde poderán facer consultas e establecer discusións sobre os diferentes tópicos da materia. Todos os programas, tanto as máquinas virtuais como as aplicacións utilizadas nesta materia son software libre.A cualificación da materia será 70% da puntuación obtida na availación continua e 30% no exame.
AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua supón o 70% da puntuación da materia e estará fundamentada na realización efectiva por parte do alumno das prácticas propostas ao longo do cuadrimestre. O requirimento da realización das prácticas durante o cuadrimestre se justifica en que estas se realizan de forma progresiva (configuración e administración de protocolos e dispositivos), e en que o traballo presentado permite ao profesor avaliar o progreso do alumno.
As prácticas realizaranse individualmente. Ao remate de cada unha das prácticas propostas, o alumno presentaraa na aula e será avaliada polo profesor. Cada unha das prácticas propostas terá unha data concreta de realización. Despois desta data, a práctica considerarase non realizada.
EXAME
O outro 30% da avaliación da materia obterase mediante un exame escrito realizado sobre o material impartido nas clases expositivas.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para superar a materia é necesario sacar polo menos un 5 na suma dos puntos obtidos na evaluación continua e o exame.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Nesta oportunidade o alumno terá a posibililidad de entregar unha única práctica adicional ou ben substituír unha das prácticas entregadas durante o cuadrimestre. No primeiro caso sumaranse os puntos conseguidos coa nova práctica, mentres que no segundo caso substituiranse os puntos da práctica substituída. Para superar a materia é necesario sacar polo menos un 5 na suma dos puntos obtidos nas prácticas e o exame realizado nesta oportunidade.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Aplicarase o mesmo criterio que na segunda oportunidade.
CONDICIÓN DE NON PRESENTADO
Terase a condición de non presentado cando o alumno non asista ao exame.
ALUMNOS REPETIDORES
Os alumnos que suspendesen a materia nas convocatorias anteriores terán que realizar de novo as prácticas e o exame nas mesmas condicións que o resto dos alumnos.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
A continuación indícanse os puntos de cada parte na nota final:
* P01. Rutado simple: 0,4 puntos.
* P02. Configuración de routers: 1,1 puntos.
* P03. VLANs: 0,4 puntos.
* P04. Devasas: 0,4 puntos.
* P05. Calidade de servicio: 1,2 puntos.
* P06. Pontes e switches: 0,4 puntos.
* P07. Multicast: 0,4 puntos.
* P08. Enrutamiento avanzado: 1,1 puntos.
* P09. MPLS: 0,4 puntos.
* P10. Deseño da rede dunha empresa: 1,2 puntos.
* Exame: 3 puntos.
Para superar a materia é necesario sacar polo menos un 5 en total.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Dentro da parte práctica da materia (70% da nota) a avaliación de traballos e informes presentados terá en conta o grao de consecución das competencias CG1, CG2, CG4, CG9, RI1, RI2, TR1 e TR3. Tamén mediante prácticas avaliaranse as competencias recollidas dentro do grupo temático Redes de configuración de routers e doutros elementos de interconexión, así como analizar e optimizar as redes de computadores en termos de utilización, rendemento e calidade de servizo.
Dentro da parte teórica da materia (30% da nota) avaliaranse as competencias CG8, CG10, FB5, RI10, TI5, TI6, CG6, RI5, TI2 e TI4, mediante distintas preguntas e exercicios expostos no exame teórico. Tamén deste xeito avaliaranse as competencias recollidas dentro do grupo temático Redes de coñecer as diferentes tecnoloxías de rede, tanto locais como de área extensa, de cable e inalámbricas, así como escoller a tecnoloxía de rede e os protocolos máis adecuados dados uns requirimentos e a competencia de deseño e desenvolvemento de redes corporativas a pequena e mediana escala.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS E PROBAS
Estableceranse medidas específicas para evitar plaxios e a realización fraudulenta das prácticas, por exemplo, comprobarase que cada alumno traballa sobre a súa propia máquina virtual e non se permitirá en ningún caso a compartición de máquinas. Ademais, os documentos entregados serán sometidos a probas de detección de plaxio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recojido na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións da USC.Docencia expositiva: 10 horas presenciais + 18,5 horas de traballo persoal.
Docencia interactiva: 30 horas presenciais + 50 horas de traballo persoal.
Tutorías e atención personalizada: 2 horas presenciais.
Actividades de avaliación: 2 horas presenciais.
-------
Total: 44 horas de traballo presencial e 68,5 horas de traballo individual.Para as clases de teoría suporase que os alumnos teñen conocimentos de arquitectura de redes a nivel da materia de segundo curso Redes. Ao realizarse as prácticas sobre máquinas virtuais Linux requiriranse coñecementos dos comandos básicos en liña de comando e de administración básica neste sistema operativo.
A constancia no estudo e na asistencia a clase é unha das claves para estudar esta materia. É moi importante para que a materia resulte fácil que se vaia estudando ao día. Deste xeito, rendibilízanse as explicacións recibidas na clase. Ademais, unha actitude seria nas prácticas vai permitir que os conceptos se vaian afianzando e que se poidan abordar problemáticas cada vez máis complexas sen demasiado esforzo.Esta materia impártese en castelán e galego.
Na páxina da materia do Campus Virtual o alumno poderá obter unha copia en formato dixital do material usado nas clases teóricas e prácticas, vídeos mostrando que debe entregarse nas prácticas, así como material suplementario e ligazóns as páxinas web relacionadas cos contidos da materia. Estarán á disposición dos alumnos diversos sistemas (MS Teams, correo electrónico, foro de discusións, chat), onde poderán facer consultas e establecer discusións sobre os diferentes tópicos da materia.
Todos os programas utilizados nesta materia, tanto as máquinas virtuais como as aplicacións son software libre.
-
Javier Lopez Fandiño
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881815504
- Correo electrónico
- javier.lopez.fandino@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jorge Alberto Suarez Garea
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816763
- Correo electrónico
- jorge.suarez.garea@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alvaro Ordoñez Iglesias
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881815508
- Correo electrónico
- alvaro.ordonez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco Javier Cardama Santiago
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- javier.cardama@usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Luns 09:00-11:30 Grupo /CLIL_02 Galego, Castelán IA.03 16:00-17:00 Grupo /CLE_01 Castelán IA.S1 Venres 11:30-14:00 Grupo /CLIL_01 Galego, Castelán IA.03 Exames 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 IA.S1 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 IA.S1 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 IA.S1 04.07.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula A2 04.07.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 Aula A2 04.07.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 Aula A2