Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Enxeñaría Civil

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Arquitectura, construcción, edificación y urbanismo, e ingeniería civil.
Centro(s)
Campus
Lugo
Exeñeria civil

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas nas súas especialidades de Construcións Civís, Hidroloxía e Transportes e Servizos Urbanos. Os titulados en este grao teñen o recoñecemento a nivel europeo.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502232
    Número prazas: 45

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Rodrigo Carballo Sanchez
    rodrigo.carballo@usc.gal

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 187/2010 do 11 de novembro (DOG 17/11/2010)

    Data de publicación no BOE:
    16/04/2011 (mod. 11/10/2017)

    Data da última acreditación:
    20/07/2016

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.

    Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Permite adquirir as competencias de calquera das tres especialidades da profesión: Construcións Civís, Hidroloxía ou Transportes e Servizos Urbanos. Os titulados no Grao en Enxeñaría Civil teñen o recoñecemento a nivel europeo ao estar esta titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

    Os graduados en Enxeñaría Civil desenvolven labores imprescindibles de servizo á sociedade, encamiñadas ao desenvolvemento social, xa que adquiren unha formación integral para a planificación, proxecto, construción e conservación das infraestruturas básicas do transporte, para o mantemento e conservación dos recursos hidráulicos e enerxéticos, para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos ambientais relacionados coas infraestruturas, e para a ordenación do territorio e na urbanización do espazo público urbano.

    Recoñecemento de créditos:

    • Poderanse recoñecer ata un máximo de 21 créditos por experiencia profesional e por estudos non oficiais (títulos propios, cursos de especialización, etc).
    • Poderase solicitar o recoñecemento daquelas materias superadas en titulacións oficiais.
  • O grao contempla as seguintes mencións:

    -Mención en Construción Civil
    -Mención en Hidroloxía
    -Mención en Transportes e Servizos Urbanos

    Os alumnos deberán elixir unha das tres mencións e completar o módulo de materias vinculadas á dita mención. A mención cursada figurará no seu título de graduado/a.

  • O centro conta con 18 aulas de uso xeral, 6 salas de seminario e 6 aulas de informática para docencia. Ademais dispón de 18 laboratorios e 8 naves taller, 2 aulas de expresión gráfica e 1 seminario de topografía. Cabe destacar a existencia dunha finca de prácticas adscrita ao centro para o uso das titulacións ligadas á rama agraria e forestal.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre, existindo conexión sen fíos dende calquera punto do centro.

    O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros situado ao lado do centro onde os alumnos dispoñen de máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

  • - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral. dese campo de estudo.
    - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional.
    - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas Externas Optativas
    Ao abeiro do art. 12.6 do RD 1393/2007, nesta titulación, os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico ata un máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título.

  • O Traballo Fin de Grao poderá presentarse e defenderse cando o alumnado teña superados todos os demais créditos necesarios para a obtención do título, é dicir, 228 ECTS.
    Trátase dun exercicio orixinal que se debe realizar individualmente e presentar e defender perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Civil de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas do grao.
    Información adicional Traballo Fin de Grao (TFG)

  • Recoñecemento de créditos:

    • Poderanse recoñecer ata un máximo de 21 créditos por experiencia profesional e por estudos non oficiais (títulos propios, cursos de especialización, etc).
    • Poderase solicitar o recoñecemento daquelas materias superadas en titulacións oficiais.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.