Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias económicas, administración y dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidad y tur
Centro(s)
Centro Superior de Hostalaría de Galicia
Carretera Santiago-Noia, Barcia, Km 3 A, 15897
Santiago de Compostela
981542519
info@cshg.es
Campus
Santiago de Compostela
+info
Web propia do CSHG
Foto do CSHG

O Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras é un programa innovador que ofrece ao alumnado unha visión completa e integral dos negocios hostaleiros dentro da industria hoteleira, restauración, agroalimentaria, eventos e turismo en xeral. Nun programa que combina, en cada curso, a formación teórica e práctica no campus, complementada con prácticas en empresas de referencia nacional e internacional. O/A estudante obterá as habilidades e capacidades necesarias para desempeñar postos de liderado e xestión en empresas líderes a nivel mundial.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2504491
    Número prazas: 75

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jose Paz Gestoso
    info@cshg.es

    Coordinador-a do título:
    Jose Bendaña Doce
    coordinacionacademica@cshg.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 27/07/2022 (DOG do 10/08/2022)

    Data de publicación no BOE:
    BOE do 5/04/2023

    Data da última acreditación:
    27/06/2022

    O alumnado aprenderá principios básicos no servizo ao cliente, a xestión operativa, as habilidades interpersoais e o uso da intelixencia emocional na xestión de persoas, nun contexto profesional de marcado carácter multicultural e internacional. 

    O enfoque práctico da titulación conséguese cunha metodoloxía de grupos reducidos, en clases e instalacións deseñadas para simular situacións reais en diferentes negocios hostaleiros, e coa inmersión no mundo laboral a través de prácticas en empresas hoteleiras e restauración. O obxectivo é que o alumno/a desempeñe tarefas no ámbito global da organización, a nivel directivo ou en calquera das súas áreas funcionais e departamentos, tanto a nivel operativo como estratéxico: Alimentos e Bebidas, Aloxamento, Recursos Humanos, Mercadotecnia, Administración e Finanzas, …., mediante unha aprendizaxe intensiva e uso de varias linguas estranxeiras e das TIC.

    O plan de estudos deste grao está deseñado para capacitar a mozos/as e profesionais que teñan unha clara vocación hostaleira, de modo que poidan desenvolver de forma inmediata a súa profesión, tanto desde unha perspectiva dos negocios hoteleiros como no ámbito da restauración.  O grao contempla dúas mencións: mención en Dirección Hoteleira e mención en Gastronomía. A configuración do plan de estudos inclúe formación común para ambas mencións e formación específica de cada unha, segundo a súa orientación, competencias a adquirir polos estudantes e perfís profesionais de saída.

  • O plan de estudos contempla dúas mencións:

    - Mención en Dirección Hoteleira
    - Mención en Gastronomía.

    Ao final do 1º curso o alumnado deberá elixir obrigatoriamente unha das dúas mencións. Para obter a mención terá que cursar os 68 créditos optativos vinculados á mención elixida e outros 6 optativos libres elixidos entre as materias libres ofertadas para a mención.

    Unha vez elixida a mención, o alumno/a só disporá dunha oportunidade para cambiarse de mención, podendo optar por realizar o devandito cambio antes de que finalice o período docente presencial de segundo curso. Neste caso, matricularase en terceiro curso na nova mención baixo as condicións estabelecidas na memoria do título.

  • Adicionalmente aos medios e servizos que a USC pon á disposición da comunidade educativa, o CSHG dispón dun campus propio de 50.000 metros cadrados que comprende 5 edificios. A capacidade especificada en cada apartado refírese a cada aula ou espazo “tipo”, sendo a capacidade total a que achegan o total de espazos detallados.

        Edificio de AULAS de TEORÍA-XESTIÓN

    •    Aulas de xestión (docencia teórico-práctica)
    •    14 aulas de clase: capacidade 30 persoas
    •    1 aula de conferencias: capacidade 70 persoas
    •    2 aulas seminario: capacidade 15 persoas
    •    Aulas de informática (2 aulas): capacidade 30 postos
    •    Laboratorios de idiomas (2 aulas dixitais): capacidade 28 postos
    •    Aula cafetería:  19 metros de barra e 32 prazas
    •    Biblioteca: 44 postos
    •    Salas multiuso (3 salas de traballo-alumno): dúas salas para 15 persoas e outra para 20 persoas

        Edificio de AULAS TÉCNICAS, FORMACIÓN CONTINUA E CONSULTORÍA

    •    Aula de cata: capacidade 28 persoas
    •    Aula de Cociña de Demostración: capacidade 30 postos (anfiteatro)
    •    Aula de Xestión: capacidade 32 persoas

        Edificio de AULAS PRÁCTICAS- RESTAURANTES

    •    Aula restaurante carta: 102 m2 y 38 prazas
    •    Aula restaurante buffet: 600 m2 y 220 prazas
    •    Aula recepción de mercancías e economato
    •    Aula cocina buffetier
    •    Aula cocina carta
    •    Aula cocina quente
    •    Aula pastelería
    (Todas elas completamente equipadas)
    •    Almacéns e cámaras do edificio

        Edificios de AULAS PRÁCTICAS- ALOXAMENTO

    •    Aula de prácticas de recepción: capacidade 12 postos
    •    Aula de lavandería: completamente equipada, 14 postos
    •    Habitacións hotel demostración
    •    Residencia de alumnos/as: capacidade 180 persoas

        INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

    •    Ximnasio e polideportivo cuberto
    •    Sala de fitness
    •    Pistas de tenis exteriores
    •    Pista polideportiva exterior

    No edificio de Teoría-Xestión, todas as aulas están equipadas con medios audiovisuais: lousas veleda e electrónica, computador, videoproxector e altofalantes e cámaras de video web. As aulas de informática dispoñen de 60 postos con acceso a Internet e os laboratorios de idiomas, 56 postos. As aulas prácticas-restaurantes dispoñen de equipamento específico de servizo e cociña, renovado e distribuído en dúas plantas.

    A biblioteca conserva un total de 7.000 volumes en castelán e inglés, vídeos e DVD, diverso material adicional de consulta (mapas, folletos, guías, …), 5.000 volumes en subscricións e publicacións periódicas (soporte papel e/ou dixital) e acceso on-line a outros recursos. Así mesmo, o alumnado do CSHG ten acceso á rede de bibliotecas da USC desde as propias instalacións da universidade (a través de credenciais do alumnado), beneficiándose dos servizos e recursos desta.

    En todos os edificios do campus existe rede WIFI ao dispor do alumnado e do persoal, con acceso aos servizos de correo electrónico, xestor de calendarios e ao Campus Virtual do CSHG. A accesibilidade física ás aulas está garantida en todos os edificios, mediante ramplas e/ou ascensores. Existe unha zona de aparcamento para 185 vehículos.

  • O Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras ten como obxectivo a formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente e con alta capacidade de adaptación permanente e innovación. Estas tarefas pódense desenvolver no ámbito global da organización a nivel directivo ou en calquera das súas áreas funcionais e/ou departamentos: Alimentos e Bebidas, Aloxamento, Recursos Humanos, Comercialización, Administración e Finanzas... e tanto a nivel operacional como estratéxico.

    Estes obxectivos terán un enfoque específico para cada unha de mencións (mención en Gastronomía e mención en Dirección Hoteleira) plasmado nos seus resultados de aprendizaxe, en virtude da orientación de cada unha, o subsector empresarial ao que están enfocadas e as áreas funcionais e de traballo do ámbito laboral correspondente (gastronómico ou hoteleiro).

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O plan de estudos contempla 28 créditos obligatorios de prácticas externas distribuídas nas materias: Practicum en empresas I (12 créd.) e Practicum en empresas II (16créd.)

    Ao longo da estrutura da formación práctico-profesional do plan de estudos, o alumnado terá a oportunidade de poñer en práctica os seus coñecementos teórico-prácticos, habilidades e destrezas, actitudes e valores (competencias) adquiridos, tanto nas diferentes materias dos primeiros cursos cunha orientación máis operativa, como nos últimos cursos en cada practicum, que se realizan con carácter obligatorio. Deste xeito, os alumnos/as poden interiorizar a realidade do sector, identificar diferentes tipos de clientes, coñecer diferentes modelos de negocio empresarial, aprender a integrarse en equipos de traballo e para rematar poder identificar as súas propias fortalezas e áreas de mellora de face á súa integración laboral futura. En cada caso, os obxectivos e resultados de aprendizaxe, duración e destino son variábeis (ámbito local, nacional e internacional), dependendo do ano cursado.

    En total, incluíndo os practicum obligatorios e as prácticas encadradas nas diferentes materias do grao, a titulación contempla un total de 52 créditos en actividades formativas práctico-profesionais, o que supón unha parte importante do proceso formativo. En cada curso académico, os alumnos/as que cumpran coas condicións para poder realizar estas prácticas, deben realizalas ao final do período docente presencial no CSHG, permitindo deste xeito pór en práctica as competencias planificadas para cada unha.

  • O Grao en Xestión e Dirección Hostaleira contempla un traballo fin de grao de 6 créditos. Consiste na elaboración dun proxecto de ámbito empresarial que implique ou ben a integración e posta en práctica de coñecementos e competencias de diferentes áreas do plan de estudos, cunha visión global e integrada, ou ben a especialización nun ámbito específico do currículum do plan de estudos, vinculado á explotación real dun establecemento.

    O contido poderá supor a realización dunha análise crítica da realidade empresarial do devandito establecemento ou o desenvolvemento dunha proposta adecuadamente valorada, así como a súa posíbel implementación e posta en práctica.

    O TFG estimula a aprendizaxe autónoma, conferindo ao alumnado maior confianza na súa capacidade de aprender por si mesmo e complementa a súa capacidade de adaptación. Permite a adquisición e posta en práctica de coñecementos e habilidades vinculados ás diferentes áreas, posibilitando desenvolver as capacidades de iniciativa e emprendimiento, creatividade e innovación.

    Realizaranse titorías personalizadas de apoio e orientación ao estudante na realización do traballo, procurando desenvolver a capacidade reflexiva no estudante e potenciando a súa autonomía en habilidades como a planificación, resolución de problemas e toma de decisións.

  • Profesorado
    Fátima Aguión Costoya
    Oscar Alfeiran Varela
    María Del Carmen Almena Aliste
    María Cristina Casal Barreiro
    Nuria Cid Álvarez
    Noemí Comesaña Liz
    Dora Diaz Fidalgo
    Beatriz C. Estévez Fontenla
    Margarita Fernández Álvarez
    Ana Isabel Gómez Leiras
    Ana Belen Lopez Dieguez
    Paula López Durán
    Cristina López Quintela
    Pablo Mariño Díaz
    Paula Neira Placer
    José Andrés Nieto Vidal
    Iria Pastor Gomez
    Caroline Prini
    Jose Rodríguez Vázquez
    Andrés Javier Rumbo Amigo
    Nuria Sánchez Vázquez
    Manuela Santamaría Fernández
    Julio Cesar Santos Gestoso
    María Mercedes Sanz Rey
    Antonio Vazquez Sanmartin
    Raimundo Viejo Rubio
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.