Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Traballo Social

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias sociales, trabajo social, relaciones laborales y recursos humanos, sociología, ciencia polí
Centro(s)
Escola Universitaria de Traballo Social
San Martiño Pinario. Praza da Inmaculada, 5, 2º, 15782
Santiago de Compostela
981583586
secretaria@euts.es
Campus
Santiago de Compostela

O Título de Grao en Traballo Social ten por obxecto formar a profesionais da intervención social, capacitando aos futuros/as traballadores/as sociais para traballar con persoas, familias e grupos e para proxectar, aplicar, coordinar e avaliar servizos e políticas sociais.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502230
    Número prazas: 80

    Decano/a ou director/a do centro:
    Teresa Facal Fondo
    tfacal@euts.es

    Coordinador-a do título:
    Ana Isabel Souto Gómez
    asouto@euts.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10)

    Data de publicación no BOE:
    3 de marzo de 2011

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    O Título de Grao en Traballo Social ten por obxecto formar a profesionais da intervención social, capacitando aos futuros/as traballadores/as sociais para traballar con persoas, familias e grupos e para proxectar, aplicar, coordinar e avaliar servizos e políticas sociais, proporcionando aos estudantes oportunidades de aprendizaxe para conseguir coñecementos, destrezas e valores propios do Traballo Social, mediante unhas sólidas bases científicas xerais de disciplinas afíns ao Traballo Social xunto coa formación científica específica propia do mesmo. Esta formación específica comprende tanto teoría como práctica en ámbitos de intervención profesional, reforzada con prácticas preprofesionais externas ás que o Centro presta unha especial atención e seguimento, adicando un cuadrimestre completo a súa realización.

    O traballo social é unha profesión baseada na práctica e unha disciplina académica que promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social e o empoderamento e o fortalecemnto e a liberación das persoas. Os principios de xustiza social, os dereitos humanos, a responsabilidade colectiva e o respecto á diversidade son fundamentais para o traballo social. Apoiado por teorías de traballo social,as ciencias sociais e as humanidades, o traballo social implica ás persoas e as estruturas para facer frente a desafíos da vida e aumentar o benestar.

    O Traballo Social intervén alí onde as persoas interactúan coa súa contorna:

    • Detectando e recoñecendo necesidades sociais e deseñando estratexias para darlles resposta.
    • Promovendo fortalezas e recursos persoais para afrontar conflitos
    • Avaliando situacións de risco e dinamizando recursos institucionais e comunitarios para mellorar a calidade de vida das persoas.
    • Creando espazos de comunicación para mellorar as relacións
    • Participando no deseño de políticas sociais e coordinando equipos multiprofesionais.
  • Para poder matricular a materia G3171424 Prácticum, é preciso ter superado 150 créditos entre Formación Básica e Obrigatorios, incluíndo necesariamente todos os da primeira metade da titulación.

  • Non se contemplan mencións.

  • O centro conta con 5 aulas de propósito xeral, con capacidades entre 50 e 120 estudantes, 1 aula seminario con 45 postos, e unha aula de informática. Tamén conta cunha sala de titorías.

    A Biblioteca dispón de 32 postos para consulta en sala.

    O Centro dispón dunha rede wifi de acceso libre para o seu estudantado.

  • 1. Coñecer e comprender criticamente os fundamentos do Traballo Social como disciplina: historia, teorías, concepto, natureza, métodos e modelos.
    2. Identificar e valorar os procesos de formación, desenvolvemento e evolución de persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, así como as súas manifestacións actuais e tendencias de futuro.
    3. Mostrar unha comprensión crítica de como os desequilibrios socioestructurais, a discriminación, a opresión, as inxustizas sociais, políticas e económicas impactan nas relacións humanas e xeran situacións de malestar.
    4. Mostrar coñecemento da conduta humana e da contorna social facendo especial énfase na relación entre persoa/contorna, desenvolvemento do curso da vida, interacción entre factores biolóxicos, psicolóxicos, socioestructurais e culturais na conformación do desenvolvemento humano e da conduta.
    5. Analizar criticamente o concepto de necesidade de acordo ós contextos históricos, sociais e políticos nos que se desenvolve a súa acción profesional.
    6. Coñecer e identificar as estratexias principais de intervención dos traballadores/as sociais no desenvolvemento da súa acción profesional con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades.
    7. Coñecer a estrutura xeral, organización, prestacións dos Servizos Sociais xerais e especializados existentes nas diferentes Comunidades Autónomas e no ámbito europeo.
    8. Sinalar as tendencias principais existentes nas políticas sociais, a nivel nacional e internacional, así como a articulación das mesmas.
    9. Mostrar dominio no coñecemento da formación de grupos, das técnicas e instrumentos de programación, das dinámicas de grupo e das técnicas de traballo en grupo.
    10. Manexar con soltura os fundamentos teóricos e as aplicacións prácticas dos principais soportes instrumentais do Traballo Social.
    11. Coñecer de xeito adecuado as bases do ordenamento xurídico local, autonómico, estatal, comunitario e internacional.
    12. Apropiarse dunha cultura científica no que se refire ó uso da epistemoloxía das Ciencias Sociais e á investigación social: proceso de investigación e técnicas de investigación social de natureza cuantitativa e cualitativa.
    13. Coñecer as estratexias principais para a resolución de conflitos a través da mediación.
    14. Coñecer os fundamentos básicos das tecnoloxías da información e comunicación na súa aplicación ó Traballo Social.
    15. Incorporar e asumir o respecto ós dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, ós principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e dos valores propios dunha cultura da paz e da democracia.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas Externas Obrigatorias
    O presente título de grao de Traballo Social inclúe 28 créditos de prácticas externas de carácter obrigatorio, dos cales 6 créditos atribúense a Prácticas de Investigación en Traballo Social e 22 créditos ao Practicum.
    Para matricularse do Practicum é requisito indispensable superar 150 créditos básicos e obrigatorios, entre eles todos os da primeira metade da titulación.

  • O informe fin de grao poderá versar sobre o desenvolvemento e contido do Practicum ou sobre un contido relacionado con algunha temática ou colectivo no ámbito social, desde algunha das perspectivas das ciencias sociais.
    Para matricularse é requisito indispensable superar 150 créditos básicos e obrigatorios, entre eles todos os da primeira metade da titulación.

    • Modalidade de ensino na que será impartido o curso: Presencial
    • Número de prazas ofertadas para o curso: 5 prazas
    • Créditos totais do curso de adaptación: 50
    • Perfil de ingreso: Poderán acceder ao curso ponte ou de adaptación ao grao en Traballo Social, as persoas Diplomadas en Traballo Social. 
    • Admisión de estudantes: A selección do alumnado para este curso rexerase pola normativa xeral de xestión académica da USC.

     

    Transferencia e Recoñecemento de créditos

    • O recoñecemento de créditos axustarase ao establecido polo Ministerio de Educación, quedando o Traballo de Fin de Grao fóra de calquera tipo de validación ou recoñecemento. Os estudantes do curso de adaptación ao Grao deberán realizar obrigatoriamente o Traballo de Fin de Grao e a materia Xestión de Organizacións.
    • Os diplomados aos que se oferta o título de adaptación ao Grado poderán ver recoñecidos ata 18 ECTS por experiencia profesional relacionada coas competencias inherentes ao título.
    • O recoñecemento desta experiencia profesional ten tamén cabida no Grao. Igualmente, os traballadores e traballadoras sociais que haxan titorizado alumnos en prácticas da EUTS de Santiago do Plan da Diplomatura que se extingue, poderán solicitar o recoñecemento de devandita actividade ata un máximo de 12 créditos. Con anterioridade ao devandito Plan, a titorización de alumnado en prácticas só poderá ser valorada cando o interesado dispoña de documento que o acredite.
    • RECOÑECEMENTOS POR ANOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL:
      • De 2 a 5 anos : 6 créditos ECTS
      • De 6 a 12 anos: 12 créditos ECTS
      • 13 anos ou máis: 18 créditos ECTS
    • RECOÑECEMENTOS POR TITORIZACIÓN DO PRACTICUM DA EUTS
      • Entre 54 e 81 horas titorizadas: 6 créditos ECTS
      • Entre 82 e 135 horas titorizadas: 12 créditos ECTS
      • 136 ou máis horas titorizadas: 18 créditos ECTS
    • MATERIAS DO 1º Semestre
      • Teorías e modelos de intervención en traballo social - OB - 6 ECTS
      •  Xestión de organizacións - OB - 6 ECTS
      • Traballo social, procesos migratorios e diversidade cultural - OP - 6
      • Mediación e xestión do conflicto en traballo social - OP - 6
    • MATERIAS DO 2º Semestre
      • Historia dos sistemas de benestar social - FB - 6 ECTS
      • Investigación e diagnóstico en traballo social - OB - 6 ECTS
      • Política e traballo social - OB - 6 ECTS
      • Traballo Fin de Grao - OB - 8 ECTS
    • MATERIAS QUE NON SON SUSCEPTIBLES DE RECOÑECEMENTO: Xestión de Organizacións e Traballo de Fin de Grao
  • Profesorado
    Luis Barreiro Carballal
    Xoán Carlos Bascuas Jardón
    María Jesús Castro Neo
    Diana Morela Escobar Árias
    Teresa Facal Fondo
    Purificación García Álvarez
    Inés González González
    Leidi Viviana Moreno Parra
    Evelia Murcia Álvarez
    María Elena Puñal Romarís
    Ana Isabel Souto Gómez
    Artur Tamazian Shamagian
    Juana María Tubio Ordóñez
    Xiana Vilas Castro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2025.