-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Psicoloxía Evolutiva e da EducaciónÁreas:
Psicoloxía Evolutiva e da EducaciónCentro
Facultade de Ciencias da EducaciónConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Conceptuais (saber)
-Entender o obxecto e finalidades da educación
-Entender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento
-Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensino aprendizaxe.
-Coñecer as principias teorías sobre o proceso de ensino-aprendizaxe nos entornos educativos e os factores que os influen.
Procedimentais (saber facer):
-Manexar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
-Utilizar o coñecemento propio da materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
-Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
-Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensino aprendizaxe e adquirir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.
Actitudinais (saber ser):
-Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa frente os problemas psicoeducativos
-Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na súa profesión.
-Adoptar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conducta profesional posterior.Bloque 1: Introducción a Psicoloxía da Educación.
1.Obxecto de estudo, contidos e a súa relación coa profesión docente.
Bloque 2: Aprender na escola infantil. Modelos e teorías da aprendizaxe
2. Modelos de aprendizaxe conductual e cognitivo social.
3. Teorías cognitivas da aprendizaxe
4. Teoría sociocultural.
Bloque 3: Variables e procesos intrapersoais implicados na aprendizaxe do alumno de Educación Infantil:
5. Variables cognitivas: intelixencia, aptitudes e estratexias; a creatividade e a educación.
6. Variables afectivas: motivación, autoconcepto e autoestima. A interacción entre os procesos cognitivos e motivacionais.
Bloque 4: Variables interpersoais:
7: As interaccións no proceso de ensino aprendizaxe.BASICA:
-Coll C., Palacios, J. y Marchesi, A. (comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación II. Psicología de la educación escolar. Alianza..
-González Pérez, J. y Criado del Pozo, M.J. (2009). Psicología de la Educación para una enseñanza práctica. CCS
-Rodríguez Sánchez S. (coord.) (2015). Psicología de la Educación. Grado de Educación Infantil y Primaria. Pirámide.
-Sampascual, G. (2001). Psicología de la educación. UNED
COMPLEMENTARIA
-Beltrán, J y Bueno, A. (eds.) (1995). Psicología de la Educación. Marcombo.
-Beltrán, J., García-Alcaniz, E., Moraleda, M., Calleja, F. y Santiuste, V. (1987). Psicología de la Educación. EUDEMA
-Coll, C. (coord.) (1998). Psicología de la educación. Edhasa
-González González E. y Bueno Alvarez, J.A. (coords.) (2004). Psicología de la educación y el desarrollo en la edad escolar. CCS.
-González Pienda, J.; González Cabanach, R.; Núñez, J.C. y Valle, A. (coord.) (2002). Manual de Psicología de la Educación. Pirámide
-Hernández, P. (1991). Psicología de la educación. Trillas
-Martín Bravo, C. (coord.) (1999). Psicología del desarrollo y de la educación en la edad escolar. Valladolid. Ambito.
-Mirás, F.; Salvador, M, y Álvarez, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Grupo Editorial Universitario
-Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación. Trillas
-Sprinthall, N. A,; Sprinthall, R.C Oja, S.N. (1996). Psicología de la Educación. Una aproximación desde el desarrollo. McGrawHill.
-Trianes, M.V. y Gallardo, J.A. (2005). Psicología de la educación y del desarrollo en los contextos escolares. Pirámide
-Valle, A. y González Cabanach. R. (1998). Psicología de la Educación I. Variables personales y aprendizaje escolar. Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.
-Woolfolk, A. (2010). Psicología educativa. Pearson.Xerais:
-G2.Promover e facilitar as aprendizaxes na 1º infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das distintas dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
- G$. Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
-G9.Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de acción que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercico da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose ós cambios científicos, pedagóxicos e sociais ó longo da vida.
-G11.Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a función docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Específicas:
-E1.Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6 no contexto familiar, social e escolar
-E5..Saber promover a adquisición de hábitos en col da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico.
-E6.Coñecer a dimensión pedagóxica da intervención cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzó individual.
Básicas:
-B2.Que os estudantes sepan aplicar coñecementos o seu traballo ou vocación de unha maneira profesional e posean as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e difusión de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-B3.Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
-B4.Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
-B5.Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Transversais.
-T2.Coñecemento instrumental de lingua galega
-T3.Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicaciónA metodolóxía a empregar conxuga o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, potenciando o traballo autónomo do estudiante; os produtos requeridos serán entregados, ben de maneira prsencial nas distintas clases ou a través da aula virtual. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizajes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado nos servicios de reprografía e/ou na aula virtual.
As actividades que se realizarán nos seminarios irán dirixidas a profundizar en conceptos e procedementos concretos introducidos teóricamente con anterioridade nas clases expositivas. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados o alumnado nas correspondentes sesións de clase e na guía da materia.
As actividades a desenvolver nos grupos pequenos centraránse na resolución de problemas e dúbidas e no seguimento no proceso de elaboración de traballos.A avaliación do curso realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado seguinte:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados na materia; é necesario superar esta proba para ter en conta o resto de criterios de avaliación.
-20% da cualificación procederá da valoracións de informes escritos, presentacións orais e doutras actividades realizadas en grupos cooperativos. Será preciso ter entregadas en prazo un mínimo dun 80% das tarefas solicitadas.
-20% da cualificación corresponderá a participación activa na dinámica da aula e as aportacións individuais de carácter obrigatorio. Será preciso ter entregadas en prazo un mínimo dun 80% das tarefas solicitadas.
-10% da cualificación corresponderá a achegas libres dos estudantes, traballos voluntarios titorizados, informes de lectura de libros, asistencia a actividades prácticas; terán carácter optativo e voluntario.
A non realización do exame ou do 80% das actividades demandadas suporá unha cualificación de Non Presentado; se tan só se supera, ben o exame, ben a parte correspondente a traballos grupais e achegas individuais, a cualificación será de Suspenso, co valor numérico mais próximo a 5 obtido nun ou outro apartado da avaliación. Os estudantes que non cumpran os requisitos de asistencia, aqueles coa materia pendente en convocatorias anteriores e os que presenten exención de docencia deberán realizar unha proba global que avaliará tanto os coñecementos teórico-conceptuais como práctico-aplicados, acadando unha porcentaxe do 100&. A convocatoria de segunda oportunidade seguirá os mesmos requisitos.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinadaA materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuidas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades grupais en seminarios, estudos de casos, guías e orientación de traballos e titorías, así como a realización dunha proba-examen de 2 horas.
Estímase que o alumnado deberá adicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, búsqueda de información e análise de documentos; en torno a 45 adicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, búsqueda de información complementaria ou preparación de presentacións orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.Dado o carácter básico da asignatura e a súa ubicación no plano de estudios non se indican requisitos previos; será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e Dificultades de Aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; asímesmo recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma.ASISTENCIA A CLASE:O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES:
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
INDICACIONS DE RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Evitar tapas de plástico e outros envoltorios externos innecesarios, recoméndase o emprego de grampas, impresión a duas caras en calidade "aforro de tinta", sen folios en branco como separadores de apartados.
PERSPECTIVA DE XENERO:
Potenciarase o uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo de clase coma nas tarefas a realizar.
EMPREGO DE FERRAMENTAS TECNOLOXICAS INSTITUCIONAIS:
E obrigatorio o emprego da conta de correo rai. así como das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
PROTECCIÓN DE DATOS:
Seguirase a normativa da USC ao respecto: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
NORMATIVA DE AVALIACION:
Dado que a avaliación da materia require de realización de exame, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
EMPREGO DO MOBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso del teléfono móbil na aula ó emprego como instrumento de traballo. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun uso inadecuado.
PRIVACIDADE DAS COMUNICACIÓNS DENTRO DO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
Tendo en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (titorías e clases) é un proceso privado, enténdese como tal toda comunicación e intercambio entre o docente e o alumnado matriculado na materia.
-
Maria Teresa Sánchez Castaño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- mariateresa.sanchez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Mércores 09:00-10:30 Grupo /CLIS_02 (Gah - L) Castelán (CAMPUS NORTE) - AULA 24 10:30-12:00 Grupo /CLE_01 (A - Z) Castelán (CAMPUS NORTE) - AULA 01 12:00-13:30 Grupo /CLIS_01 (A - Gag) Castelán (CAMPUS NORTE) - AULA 24 Xoves 10:30-12:00 Grupo /CLIS_03 (M - Z) Castelán (CAMPUS NORTE) - AULA 24 Exames 23.05.2025 09:30-11:30 Grupo /CLE_01 (A - Z) (CAMPUS NORTE) - AULA 12 08.07.2025 09:30-11:30 Grupo /CLE_01 (A - Z) (CAMPUS NORTE) - AULA 13