Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Economía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811726 (Conserxaría)
881811504 (Decanato)
ecoade.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
+info
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-economicas-empresariais
Foto web ECO

A Economía é unha disciplina científica imprescindible para comprender a sociedade da que formamos parte e para abordar os grandes retos medioambientais, tecnolóxicos e demográficos aos que nos enfrontamos. O Grao en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela capacita profesionais para analizar con rigor a complexidade dos comportamentos económicos, e para aplicar ese coñecemento en labores de xestión, asesoramento e avaliación.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501108
    Número prazas: 125

    Decano/a ou director/a do centro:
    XOAN RAMON DOLDAN GARCIA

    Coordinador-a do título:
    Maria Del Rosario Diaz Vazquez
    rosario.diaz@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010

    Data da última acreditación:
    30/11/2017

    Orientado a estudantado altamente motivado pola economía, o noso plan de estudos inclúe materias de diferente natureza co obxecto de proporcionar unha sólida formación tanto teórica como aplicada e o dominio das ferramentas matemáticas, estatísticas e econométricas necesarias.

    A persoa graduada en Economía adquire competencias moi demandadas tanto por organismos e administracións públicas como por empresas e institucións financeiras. Tamén pode dedicarse ao exercicio libre da profesión, desenvolver tarefas de docencia e investigación ou continuar a súa formación con estudios superiores.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan

  • O centro conta 37 aulas de docencia teórica-seminario, con capacidade dende 25 a 500 postos e 7 aulas de informática para a docencia con ordenadores, cun total de 120 ordenadores.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre equipada con ordenadores, 3 salas de traballo para estudantes, dúas salas de estudo e unha sala de traballo colaborativo.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Biblioteca do centro da servizo aos estudantes de Economía e de Administración e Dirección de Empresas. O seu espazo repártese en tres andares, e conta con máis de 340 postos de lectura.

  • A formación de profesionais cos coñecementos científicos necesarios para comprender, interpretar, analizar e explicar o comportamento da economía e dos axentes económicos, e coas destrezas e habilidades básicas para aplicar estes coñecementos á hora de desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nos asuntos económicos en xeral. Eses labores pódense desenvolver no ámbito privado ou no público, na empresa ou en calquera outra institución de relevancia económica e social.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Recoñecemento de créditos optativos por realización de prácticas externas máximo 6 créditos

  • O traballo de Fin de Grao terá 6 créditos e só poderá inscribirse unha vez superados 150 créditos, entre eles, todos os da primeira metade da titulación.

  • Profesorado
    Eva Maria Aguayo Lorenzo
    Pablo Alonso Fernández
    Paula Alvarez Gonzalez
    Bran Barral Buceta
    Jose Fernando Barros Fornos
    Maria Pilar Bello Martin-Crespo
    Maria Cadaval Sampedro
    Zaira Camoiras Rodríguez
    Maria Teresa Cancelo Marquez
    Manuel Cao Fernández
    Ana Castro Atanes
    Maria Luisa Chas Amil
    Maria Luisa Del Rio Araujo
    Fernando Del Rio Iglesias
    Maria Del Rosario Diaz Vazquez
    Adrian Dios Vicente
    Xoan Ramon Doldan Garcia
    Alberto Dominguez Ojea
    Pablo Duran Santomil
    Bruno Esperante Paramos
    Maria Del Carmen Espido Bello
    Pilar Exposito Diaz
    María Belén Fernandez Castro
    Melchor Fernandez Fernandez
    Manuel Fernandez Grela
    Miguel Angel Fernandez Taboada
    Carlos De Francisco Mantiñán
    Maria Luz Garrido Gonzalez
    Jesus Giraldez Rivero
    Maria Carmen Gonzalez Ferro
    Manuel Gonzalez Lopez
    Pilar Gonzalez Murias
    Xulia Guntin Araujo
    Ruben Lado Sestayo
    Santiago Lago Peñas
    Nelida Cecilia Lamelas Castellanos
    Marina Lois Mosquera
    Mª Del Carmen Lopez Andion
    Edelmiro López Iglesias
    Sugey De Jesus Lopez Perez
    Francisco Xavier Lores Insua
    Maria Luz Loureiro Garcia
    Fidel Martinez Roget
    Jose Luis Martinez-Olivares Gomez
    Luciano Mendez Naya
    Fernando Manuel Miranda Torrado
    Jose Antonio Montero Vilar
    Francisco Negreira Del Río
    Maria Isabel Neira Gomez
    Emilio Nogueira Moure
    Maria Amparo Novo Vazquez
    Carlos Pio Del Oro Saez
    Julio Pallas Gonzalez
    Francisco Javier Paz Cervantes
    Cristina Pedrosa Leis
    Yolanda Pena Boquete
    Xesus Pereira Lopez
    Miguel Perez-Nievas Montiel
    Rosa Maria Regueiro Ferreira
    Lucia Rey Ares
    Maria Dolores Riveiro Garcia
    Oscar Rodil Marzabal
    David Rodríguez González
    Xose Anton Rodriguez Gonzalez
    Gonzalo Rodriguez Rodriguez
    Antonio Rodriguez Sampayo
    Noelia Maria Romero Castro
    Nailya Saifulina
    Jesyca Maria Salgado Barandela
    Maria Del Carmen Sanchez Carreira
    Diego Sande Veiga
    Victor Manuel Sixto Sanjose
    Maria Mercedes Tato Rodriguez
    Angela Troitiño Cobas
    Beatriz Valcárcel Aguiar
    Pedro Varela Vazquez
    Maria Emilia Vazquez Rozas
    Alexandre Vecino Aguirre
    Xavier Vence Deza
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2024.