-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 51Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Ciencias da ComunicaciónÁreas:
Comunicación Audiovisual e PublicidadeCentro
Facultade de Ciencias da ComunicaciónConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
1. Análise dos equipos de organización e da recepción das ofertas de contidos audiovisuais: estudo das función dos equipos de programación e análise de audiencias no escenario multiplataforma.
2. Revisión de estruturas e sistemas de circulación dos contidos audiovisuais.
3. Estudo dos conceptos básicos ao redor do deseño da oferta (planificación) e a súa contextualización en función da estacionalidade, tipoloxías de mercados e definición de públicos.
4. Análise do consumo audiovisual.CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. As audiencias
1.1 Definición das audiencias
1.2 Evolución e clasificación dos públicos
1.3 Públicos conectados
TEMA 2. Tendencias de consumo de contidos audiovisuais
2.1 Evolución do consumo de contidos audiovisuais ante a transformación do contexto mediático
2.2 Tendencias actuais do comportamento dos públicos e do consumo de contidos no contexto multiplataforma
TEMA 3. Investigación e metodoloxías para a análise das audiencias
3.1 Métodos cuantitativos para o estudo das audiencias
3.2 Métodos cualitativos para o estudo das audiencias
3.3 Principais estudos de audiencia nos distintos soportes
TEMA 4. Contexto para a circulación dos contidos audiovisuais
4.1 O mercado audiovisual
4.2 O marco regulador
TEMA 5. A programación de contidos audiovisuais
5.1 Definicións, lóxica e discurso da programación
5.2 As unidades da programación e a súa clasificación
5.3 A programación para a televisión lineal
5.4 A programación para as OTT e outras plataformas dixitais
TEMA 6. Profesionais para a xestión das audiencias e a programación
6.1 O programador e o equipo de programación
6.2 Novos perfís para a xestión das audiencias nos medios e plataformas dixitais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nas clases expositivas e interactivas o alumnado desenvolverá unha serie de exercicios e prácticas individuais e grupais nas que traballará: a análise e a interpretación de datos e informes de audiencias do sector audiovisual (televisión, redes sociais, plataformas OTT); a aplicación de métodos para a investigación da audiencia; a definición de públicos e a análise e desenvolvemento de estratexias para conectar con eles; o estudo das tendencias e a exploración do mercado audiovisual; a análise e a ideación de estratexias de programación dos contidos audiovisuais adaptadas ás distintas plataformas de consumo e contextos de circulación do contido audiovisual; o estudo dos perfís profesionais para a xestión das audiencias e a programación de contidos.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arana, E. (2011). Estategias de programación televisiva. Síntesis.
Clares Gavilán, J., Merino Álvarez, C., & Neira, E. (2019). La revolución over the top : del vídeo bajo demanda (VoD) a la televisión por internet. Editorial UOC.
García Castillejo, A. (2012). Régimen jurídico y mercado de la televisión en abierto en España. Editorial UOC.
Huertas Bailén, A. (2015). Yo soy audiencia: ciudadanía, público y mercado. Editorial UOC.
Izquierdo-Castillo, J., & Latorre-Lázaro, T. (2022). Oferta de contenidos de las plataformas audiovisuales. Hacia una necesaria conceptualización de la programación streaming. Profesional de la información, 31(2).
Neira, E. (2015). La otra pantalla : redes sociales, móviles y la nueva televisión. Editorial UOC.
Quintas Froufe, N., & González Neira, A. (2021). Los estudios de la audiencia: de la tradición a la innovación. Gedisa Editorial.
Patriarche, G., Bilandzic, H., Linaa, J., & Jurisic, J. (2014). Audience research methodologies: between innovation and consolidation. Routledge.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bourdon, J., & Méadel, C. (2014). Television audiences across the world : deconstructing the ratings machine. Palgrave Macmillan.
Bruun, H. (2020). Re-scheduling television in the digital era. Routledge, Taylor & Francis Group.
Callejo Gallego, J., & Pintos, J. L. (2001). Investigar las audiencias: un análisis cualitativo. Paidós.
Carpentier, N., Schrøder, K., & Hallett, L. (2013). Audience transformations : shifting audience positions in late modernity. Routledge.
Evans, E. (2011). Transmedia television: audiences, new media and daily life. Routledge.
González Bernal, M.I., Roncallo-Dow, S., & Arango-Forero, G. (2018). Estudiar las audiencias. Tradiciones y perspectivas. EUNSA.
Halpern, D., Quintas-Froufe, N., Fernández-Medina, F. (2016). Interacciones entre la televisión y su audiencia social: hacia una conceptualización comunicacional. El profesional de la información, 25(3), 367-375.
Igartua, J. J., & Badillo Matos, A. (2003). Audiencias y medios de comunicación. Universidad de Salamanca.
Lacalle Zalduendo, M. R., Montero Díaz, J., Paz Rebollo, M. A., Montero Díaz, J., & Montero Díaz, J. (2022). La edad dorada de la televisión generalista en España (1990-2010): programas y programaciones. Tirant humanidades.
Medina, M. (2015). La audiencia en la era digital. Fragua.CON.1 – Analizar como se imbrica a comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.2 – Coñecer o marco político, normativo e económo no que se desenvolve a industria audiovisual.
CON.4 – Coñecer as políticas audiovisuais europeas e a súa incidencia na cadea de valor audiovisual.
CON.6 – Coñecer as competencias profesionais da produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.3 – Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e produción audiovisuais.
HAB.4 – Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.1 – Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.3 – Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postprodución audiovisuais.
COM.7 – Aplicar os coñecementos e habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.No desenvolvemento das clases expositivas e interactivas aplicaranse as metodoloxías docentes que se indican a continuación.
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida pola docente.
- Resolución de problemas: realización de actividades dirixidas, xeralmente orientadas a obter un resultado concreto (solución ou análise).
- Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Estudo de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiado pola docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análise de textos e casos, así como o deseño de estratexias e proxectos.
- Metodoloxía baseada na investigación: modalidade que sitúa o estudantado no rol de investigador, executando un proceso de busca, avaliación, síntese e análise.
- Foros de discusión – traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas.
As clases expositivas servirán para a explicación, estudo e análise dos contidos de carácter teórico da materia. As exposicións da docente combinaranse con exercicios a realizar polo alumnado, que permitirán facer un seguimento aplicado dos conceptos que se vaian traballando. Nas clases expositivas o alumnado deberá participar de maneira activa.
As sesións interactivas orientaranse a realizar unha serie de tarefas individuais e grupais nas que se traballarán os contidos prácticos da materia. Buscarase o debate, a reflexión colectiva e individual e a posta en común dos coñecementos adquiridos.
O campus virtual empregarase como plataforma para a comunicación co alumnado, a disposición dos materiais bibliográficos complementarios necesarios e a entrega das tarefas establecidas. As titorías poderán realizarse presencialmente ou en liña a través de MS Teams.- Probas de coñecementos: 40%
- Actividades de avaliación continua: 10%
- Exercicios prácticos: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
Na segunda oportunidade, o sistema de avaliación será o mesmo que o da primeira. Se o/a alumno/a ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa docente da materia. O sistema de avaliación será o seguinte: probas de coñecementos (40%); exercicios prácticos (60%).
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.- Docencia teórica: 24 horas.
- Docencia seminario: 24 horas.
- Titorización en grupo reducido: 3 horas.
- Probas de avaliación: 3 horas.
- Traballo persoal do alumnado: 96 horas.Recoméndase a constancia na asimilación dos contidos teóricos da materia e o seguimento das aulas para poder acadar os obxectivos e resultados de aprendizaxe fixados, tanto na parte teórica como no traballo práctico de seminario. Recoméndase a consulta do material bibliográfico ou complementario que aconselle a docente. A participación na aula, a reflexión crítica e as achegas para o coñecemento común serán valoradas positivamente.
-
Maria Cruz Negreira Rey
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Martes 10:00-11:00 Expositivo 1 Galego Aula 7 Mércores 10:00-11:00 Expositivo 1 Galego Aula 7 Venres 11:00-12:00 Expositivo 1 Galego Aula 7 Exames 10.01.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 7 10.01.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 8 11.06.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 2