Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual (1ª Edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda de Castelao, s/n. Campus norte, 15782
Santiago de Compostela
881816500 (Conserxaría)
881816555 (Decanato)
cc.comunicacion.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
imaxe representativa do grao

Este dobre grao busca a formación dunha figura converxente, dende o territorio da comunicación, debedora tanto das lóxicas estritamente informativas, como das lóxicas relacionadas coa ficción e o entretemento.

  • Duración: 5 anos académicos
    Código RUCT: 7000605
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANA ISABEL RODRIGUEZ VAZQUEZ
    anaisabel.rodriguez.vazquez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Enrique Castello Mayo

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Este dobre grao busca a formación dunha figura converxente e polivalente, dende o territorio da comunicación, debedora tanto das lóxicas estritamente informativas, como das lóxicas relacionadas coa ficción e o entretemento, o que constitúe una tarefa posible e desexable no traballo das áreas de coñecemento (Xornalismo, por unha banda, e Comunicación Audiovisual e Publicidade, por outra) implicadas principalmente no grao.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan

  • A Facultade conta con 9 aulas de propósito xeral, 3 aulas de visionado, 5 aulas de informática dedicadas á realización das asignacións de laboratorio das materias asociadas a prensa e multimedia, así como a innovación tecnolóxica , 2 estudios de radio, 3 cabinas de edición de audio, 3 platós de televisión, un deles destinado sa realidade virtual, 1 plató de cine con tremoia, 1 aula de redacción televisiva informatizada, 7 cabinas de edición de vídeo, e 1 sala de dobraxe.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta con 2 aulas de informática de acceso libre e 3 salas de reunión.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación conta con máis de 80 postos de lectura e de unha sala de traballo. Conta ademais cunha mediateca amplamente dotada en materia de prensa nacional e internacional, así como de material audiovisual (fílmico, documental, televisivo).

  • O Grao en Xornalismo ten como obxectivo formar futuros profesionais destinados a desenvolver todas aquelas tarefas relacionadas coa busca, a selección, a xestión, a produción e a difusión de información de espectro referencial moi amplo, de carácter xeral ou especializada, tanto no marco de entidades mediáticas propiamente ditas, como de institucións públicas ou privadas, nas que teñan cabida estas prácticas informativas.

    O Grao en Comunicación Audiovisual ten como obxectivo, pola súa parte, formar futuros profesionais destinados a desenvolver tarefas enmarcadas no amplo territorio da comunicación audiovisual, da ficción e do entretemento, que teñen cabida no ámbito das Industrias Culturais e Creativas. Esta formación, asentada en amplos coñecementos de carácter técnico e estético, tradúcese nunha ulterior capacidade de ideación e de materialización de narrativas, de formatos, de programas e obras de moi diversa índole, destinados a múltiples soportes, e que requiren a mobilización de múltiples gramáticas.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Dentro do oferta do Grao en Xornalismo están incluídos 12 créditos optativos de prácticas en empresas incluídos no Módulo de Prácticas en empresas. Trátase dunha materia optativa complementaria que se desenvolve en empresas vinculadas á USC a través do convenio de prácticas USC-Empresa, o cal regula esta actividade. As competencias que adquiren os estudantes son as relacionadas co propio desenvolvemento da súa estancia formativa nas empresas suxeitas a convenio. Xunto a estas competencias específicas, en termos xerais, os estudantes coñecen in situ a idiosincrasia propia do mercado laboral.

  • O alumnado deberá realizar un único Traballo fin de grao cunha carga lectiva de 24 créditos. Este traballo deberá contar con dúas partes claramente diferenciadas, unha de Xornalismo e outra de Comunicación Audiovisual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2024.