Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.termodinamica@usc.es

O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos é un programa científico-tecnolóxico definido a partir de dous conceptos, termodinámica (do grego forza da calor) e fluído como sistema material de traballo. As súas liñas de investigación articúlanse a partir da enerxía, as súas transformacións, os fluídos de traballo e os procesos químicos e os seus obxectivos céntranse na eficiencia e sustentabilidade como alicerces do desenvolvemento tecnolóxico da sociedade.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600927
    Número prazas: 2

    Coordinador-a do título:
    Enriqueta Lopez Iglesias
    enriqueta.lopez@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Valladolid

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Valladolid Universidade Rovira I Virgili Universidade de Burgos

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    21/01/2014

    Data de publicación no BOE:
    12/06/2014

    Data da última acreditación:
    17/09/2020

    Códigos ISCED:
    (522) Electricidad y energía
    (524) Procesos químicos
    (0713) Electricidad y energía

    O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos é un Programa científico-tecnolóxico definido a partir de dous conceptos, termodinámica (do grego forza da calor) e fluído como sistema material de traballo. As súas liñas de investigación se articulan a partir da enerxía, as súas transformacións, os fluídos de traballo e os procesos químicos e os seus obxectivos céntranse na eficiencia e sustentabilidade como alicerces do desenvolvemento tecnolóxico da sociedade.

    Os cinco grupos de investigación teñen unha extensa experiencia neste eido e levan anos colaborando na formación doutoral, o desenvolvemento de proxectos de investigación, a organización de simposios internacionais, e a difusión dos seus traballos en publicacións e comunicacións en congresos.

    O Programa enmárcase dentro da estratexia de investigación, transferencia e formación doutoral das catro universidades participantes dentro do contexto científico, académico, económico e social das tres comunidades autónomas ás que pertencen.

    A enorme variedade de necesidades e métodos de formación investigadora dos distintos ámbitos do coñecemento aconsella que as universidades utilicen un alto grao de flexibilidade na regulación destes estudos potenciando a colaboración de diversas entidades e organismos na formación doutoral. Nese sentido a Universidade potenciará a colaboración no doutoramento de todos os sectores sociais, particularmente das industrias, empresas e centros tecnolóxicos.

    O obxectivo que se persegue é colaborar na formación de bos investigadores e doutores que terán que liderar e cooperar no trasvase do coñecemento desde a Universidade cara á sociedade. Deste xeito promóvese un modelo de formación doutoral con base na universidade pero no que se integre de forma harmonizada a colaboración doutros organismos, entidades e institucións implicadas no I+D+i tanto a nivel rexional, nacional como internacional.

    Os cinco grupos de investigación teñen unha extensa experiencia neste eido e levan anos colaborando na formación doutoral, o desenvolvemento de proxectos de investigación, a organización de simposios internacionais, e a difusión dos seus traballos en publicacións e comunicacións en congresos. O programa enmárcase dentro da estratexia de investigación, transferencia e formación doutoral das catro universidades participantes dentro do contexto científico, académico, económico e social das tres comunidades autónomas ás que pertencen.

    A enorme variedade de necesidades e métodos de formación investigadora dos distintos ámbitos do coñecemento aconsella que as universidades utilicen un alto grao de flexibilidade na regulación destes estudos potenciando a colaboración de diversas entidades e organismos na formación doutoral. Nese sentido a Universidade potenciará a colaboración no doutoramento de todos os sectores sociais, particularmente das industrias, empresas e centros tecnolóxicos. O obxectivo que se persegue é colaborar na formación de bos investigadores e doutores que terán que liderar e cooperar no transvase do coñecemento desde a Universidade cara á sociedade. Deste xeito promóvese un modelo de formación doutoral con base na universidade pero no que se integre de forma harmonizada a colaboración doutros organismos, entidades e institucións implicadas no I+D+i tanto a nivel rexional, nacional como internacional.

  • Elaboración e defensa da tese doutoral

    • E4051A01

    Formación en diseminación e publicación de resultados da investigación

    • E4051A02

    Formación en mobilidade e intercambio científico

    • E4051A03

    Seminarios e cursos organizados polo Programa

    • E4051A04

    Cursos monográficos

    • E4051A05

    Workshop

    • E4051A06

    Cursos/seminarios específicos de formación relacionados coa temática da tese

    • E4051A07

    Participación en proxectos de I+D+i

    • E4051A08

    Colaboracións docentes

    • E4051A09
  • Os complementos serán decididos pola Comisión Académica.

  • O obxectivo que se persegue é colaborar na formación de bos investigadores e doutores que terán que liderar e cooperar no trasvase do coñecemento desde a Universidade cara á sociedade. Deste xeito promóvese un modelo de formación doutoral con base na universidade pero no que se integre de forma harmonizada a colaboración doutros organismos, entidades e institucións implicadas no I+D+i tanto a nivel rexional, nacional como internacional.

    O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos é un Programa científico-tecnolóxico definido a partir de dous conceptos, termodinámica (do grego forza da calor) e fluído como sistema material de traballo. As súas liñas de investigación se articulan a partir da enerxía, as súas transformacións, os fluídos de traballo e os procesos químicos e os seus obxectivos céntranse na eficiencia e sustentabilidade como alicerces do desenvolvemento tecnolóxico da sociedade.

    Os cinco grupos de investigación teñen unha extensa experiencia neste eido e levan anos colaborando na formación doutoral, o desenvolvemento de proxectos de investigación, a organización de simposios internacionais, e a difusión dos seus traballos en publicacións e comunicacións en congresos.

    O Programa enmárcase dentro da estratexia de investigación, transferencia e formación doutoral das catro universidades participantes dentro do contexto científico, académico, económico e social das tres comunidades autónomas ás que pertencen.

    A enorme variedade de necesidades e métodos de formación investigadora dos distintos ámbitos do coñecemento aconsella que as universidades utilicen un alto grao de flexibilidade na regulación destes estudos potenciando a colaboración de diversas entidades e organismos na formación doutoral. Nese sentido a Universidade potenciará a colaboración no doutoramento de todos os sectores sociais, particularmente das industrias, empresas e centros tecnolóxicos.

    O obxectivo que se persegue é colaborar na formación de bos investigadores e doutores que terán que liderar e cooperar no trasvase do coñecemento desde a Universidade cara á sociedade. Deste xeito promóvese un modelo de formación doutoral con base na universidade pero no que se integre de forma harmonizada a colaboración doutros organismos, entidades e institucións implicadas no I+D+i tanto a nivel rexional, nacional como internacional.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Enriqueta Lopez Iglesias

    Secretario/a
    Maria Jose Perez Comuñas

    Vogais
    Josefa Fernandez Perez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.