Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.enxenariaquimica@usc.gal

O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental foi o primeiro dos ofertados pola USC nas área das ensinanzas técnicas, obtivo a Mención de Calidade dende a primeira convocatoria do Ministerio no curso 2003/04, manténdoa ininterrumpidamente ao longo de todos os cursos no que estivo vixente, obtendo igualmente a nova etiqueta de Mención de Excelencia dende o curso 2011/12, ano no que se implantou esta nova medida de calidade dos programas de doutoramento.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600495
    Número prazas: 15

    Coordinador-a do título:
    Eva Rodil Rodriguez
    eva.rodil@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    18/05/2020

    Códigos ISCED:
    (524) Procesos químicos
    (851) Control y tecnología medioambiental
    (0711) Ingeniería y procesos químicos

    O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental foi o primeiro dos ofertados pola USC nas área das ensinanzas técnicas, obtivo a Mención de Calidade dende a primeira convocatoria do Ministerio no curso 2003/04, manténdoa ininterrumpidamente ao longo de todos os cursos no que estivo vixente, obtendo igualmente a nova etiqueta de Mención de Excelencia dende o curso 2011/12, ano no que se implantou esta nova medida de calidade dos programas de doutoramento.

    O novo programa, que mantén a súa denominación actual, parte das seguintes premisas: i) Manter a traxectoria formativa desenvolta dende o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958. ii) Promover a formación en áreas avanzadas na fronteira do coñecemento da Enxeñaría Química, Ambiental e Biotecnolóxica dos actuais e futuros enxeñeiros químicos dentro da nova estrutura de Bolonia. iii) Formación de novo persoal investigador, pensando na súa futura incorporación ás áreas de I+D das empresas, clave para o despegue da investigación no noso país, fomentando ademáis o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustentable.iv) Captación de posgraduados estranxeiros, tanto europeos como doutras rexións do mundo.

    Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de alumnos iberoamericanos que tradicionalmente fixeron as teses nos nosos anteriores programas de Doutoramento.

    Os obxectivos específicso do programa son os seguintes: i) Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senon tamén na xestión de proxectos. ii) Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D. iii) Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores. iV) Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.

    O novo programa, que mantén a súa denominación actual, parte das seguintes premisas:

    1. Manter a traxectoria formativa desenvolta dende o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
    2. Promover a formación en áreas avanzadas na fronteira do coñecemento da Enxeñaría Química, Ambiental e Biotecnolóxica dos actuais e futuros enxeñeiros químicos dentro da nova estrutura de Bolonia.
    3. Formación de novo persoal investigador, pensando na súa futura incorporación ás áreas de I+D das empresas, clave para o despegue da investigación no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustentable.
    4. Captación de posgraduados estranxeiros, tanto europeos como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de alumnos iberoamericanos que tradicionalmente fixeron as teses nos nosos anteriores programas de Doutoramento.

    Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:

    1. Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senón tamén na xestión de proxectos.
    2. Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D.
    3. Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores.
    4. Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.
  • Cursos de formación específicos da área de Ciencias e Enxeñería

    • E4021A13

    Cursos de formación transversais

    • E4021A14

    Presentación e defensa da investigación desenvolvida

    • E4021A15

    Realización de estancias de investigación

    • E4021A16

    Presentación de comunicacións en congresos científicos

    • E4021A17

    Publicacións de artigos científicos

    • E4021A18

    Publicacións de libros e capítulos de libros

    • E4021A19

    Patentes concedidas

    • E4021A20

    Colaboración en actividades docentes

    • E4021A21
  • Os obxectivos específicso do programa son os seguintes: i) Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senon tamén na xestión de proxectos. ii) Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D. iii) Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores. iV) Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.

    O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental foi o primeiro dos ofertados pola USC nas área das ensinanzas técnicas, obtivo a Mención de Calidade dende a primeira convocatoria do Ministerio no curso 2003/04, manténdoa ininterrumpidamente ao longo de todos os cursos no que estivo vixente, obtendo igualmente a nova etiqueta de Mención de Excelencia dende o curso 2011/12, ano no que se implantou esta nova medida de calidade dos programas de doutoramento.

    O novo programa, que mantén a súa denominación actual, parte das seguintes premisas: i) Manter a traxectoria formativa desenvolta dende o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958. ii) Promover a formación en áreas avanzadas na fronteira do coñecemento da Enxeñaría Química, Ambiental e Biotecnolóxica dos actuais e futuros enxeñeiros químicos dentro da nova estrutura de Bolonia. iii) Formación de novo persoal investigador, pensando na súa futura incorporación ás áreas de I+D das empresas, clave para o despegue da investigación no noso país, fomentando ademáis o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustentable.iv) Captación de posgraduados estranxeiros, tanto europeos como doutras rexións do mundo.

    Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de alumnos iberoamericanos que tradicionalmente fixeron as teses nos nosos anteriores programas de Doutoramento.

    Os obxectivos específicso do programa son os seguintes: i) Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senon tamén na xestión de proxectos. ii) Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D. iii) Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores. iV) Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Eva Rodil Rodriguez

    Secretario/a
    Diego Gomez Diaz

    Vogais
    Gumersindo Feijoo Costa
    Maria Sonia Freire Leira
    Juan Manuel Garrido Fernandez
    Julia Gonzalez Alvarez
    Hector Rodriguez Martinez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2024.