Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.neurociencia@usc.es

Este programa de doutoramento ten como obxectivo a formación de investigadores nas áreas da Neurociencia básica e aplicada, a Psicoloxía Clínica e a Psiquiatría, primando a interdisciplinariedade. Con esta perspectiva, o programa inclúe investigadores adscritos a diferentes áreas de coñecemento dos campos da Neurobioloxía, a Neurociencia Cognitiva, a Psicoloxía Clínica e da Saúde e a Psiquiatría. Trátase dun programa interuniversitario, organizado conxuntamente polas Universidades de Santiago de Compostela (que o coordina), A Coruña e Vigo.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600810
    Número prazas: 18

    Coordinador-a do título:
    Jannette Rodriguez Pallares
    jannette.rodriguez@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    22/06/2021

    Códigos ISCED:
    (720) Salud
    (420) Ciencias de la vida
    (0919) Salud (otros estudios)

    Desde o punto de vista científico, o programa de doutoramento pretende formar investigadores/as, primando a interdisciplinariedade e abarcando áreas da neurociencia básica, aplicada e a psicoloxía clínica e a psiquiatría. Entre os maiores retos da investigación está chegar a comprender o funcionamento do encéfalo, desde o substrato molecular ata as bases da memoria, a intelixencia e a acción consciente; os mecanismos que as sustentan, e as estratexias de intervención máis adecuadas para mellorar a saúde e a calidade de vida. Con este obxectivo, o programa inclúe investigadores/as adscritos a diferentes áreas de coñecemento, encadradas nos campos de especialización da neurobioloxía, a neurociencia cognitiva, a psicoloxía clínica e a psiquiatría, tal como reflicte a denominación do título e recollen as liñas de investigación incluídas. Preténdese, por tanto, proporcionar a formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nos ámbitos mencionados, e facilitar un marco de interrelación con outros/as doutorandos/as que fomente a interdisciplinariedade. Proponse fomentar un espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o estudo do cerebro desde un punto de vista morfolóxico, estrutural, funcional, computacional, e do desenvolvemento, ademais da súa relación recíproca con variables psicosociais, coa fin de comprender o comportamento humano, para facilitar o desenvolvemento de estratexias preventivas e terapéuticas fronte ás principais enfermidades neurolóxicas e trastornos psiquiátricos. O estudo do sistema nervioso en xeral e do encéfalo humano en particular é unha das liñas prioritarias de investigación en todo o mundo. Un dos maiores retos da investigación é descubrir os misterios do encéfalo, desde o funcionamento das pequenas moléculas que o forman, ata as bases da memoria, a intelixencia, a vontade e a súa interacción co medio. O coñecemento do sistema nervioso permitirá combater as enfermidades que o afectan e mellorar a calidade de vida. Nas dúas áreas de psicoloxía e na área de psiquiatría que participan nesta iniciativa existe un amplo número de investigadores/as que soportan liñas financiadas e moi competitivas, sobre problemas de saúde con ampla repercusión clínica e social como as drogodependencias (alcoholismo, tabaquismo etc.), depresión, problemas de conduta na infancia e na adolescencia ou trastornos da conduta alimentaria, por mencionar algúns.

    Preténdese proporcionar a formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nestes ámbitos e facilitar un marco de interrelación entre os doutorandos e doutorandas vinculados a elas. Aspírase a fomentar un espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o estudo do cerebro desde o punto de vista morfolóxico, estrutural, funcional, computacional e do desenvolvemento, ademais da súa relación recíproca con variables psicosociais. Todo co fin de comprender o comportamento humano e de facilitar estratexias preventivas e terapéuticas para as principais enfermidades neurolóxicas e trastornos psiquiátricos.

    O estudo do sistema nervioso en xeral, e do encéfalo humano en particular, é unha das áreas prioritarias de investigación en todo o mundo. Un dos maiores retos desta investigación é descubrir os misterios do cerebro, desde o funcionamento molecular até os mecanismos que sustentan procesos como a memoria, a intelixencia ou a acción consciente e a súa interacción co medio. O progreso no coñecemento do sistema nervioso permitirá combater as enfermidades que o afectan e mellorar a calidade de vida. Desde a perspectiva máis clínica, este programa integra liñas que se ocupan da comprensión, prevención e tratamento dos trastornos mentais, abordándoos desde unha perspectiva biopsicosocial.

    Este Programa forma parte da 'Network of European Neuroscience Schools' (NENS), unha estrutura creada no marco da FENS (Federation of European Neuroscience Societies) para facilitar información sobre a formación posgraduada no ámbito da Neurociencia e promover a colaboración entre os programas de estudos europeos.

  • Recollida de información e revisión bibliográfica

    • E2111A01

    Formación metodolóxica e técnica

    • E2111A03

    Formación en comunicación, difusión e divulgación da información científica

    • E2111A04

    Formación en xestión da investigación

    • E2111A05

    Mobilidade

    • E2111A06

    Participación en congresos e xornadas científicas

    • E2111A07
  • A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles/as con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento. Devanditos complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. Estas competencias adquiriranse cursando materias, ata un máximo de 15 créditos ECTS, do Máster Interuniversitario en Neurociencia da USC, UDC e UVIGO.

    Con carácter xeral, a modo orientador, e sen prexuízo da personalización que en cada caso realizará a Comisión Académica, deberán cursarse complementos de formación nos seguintes casos:

    1. Estudantes que, non cursando un máster do ámbito de Neurociencia, desexen realizar a súa tese nas liñas de Neurobioloxía: deberán cursar entre 9 e 15 créditos (a determinar pola Comisión, en función da formación previa) de entre as materias obrigatorias e optativas do Máster Interuniversitario en Neurociencia vinculadas ao módulo de Neurobioloxía Celular e Molecular.

    2. Estudantes que, non cursando un máster do ámbito da Neurociencia ou da Psicoloxía Clínica, desexen realizar a súa tese na liña de Neurociencia Cognitiva, deberán cursar entre 9 e 15 créditos (a determinar pola Comisión, en función da formación previa) de entre as materias obrigatorias e optativas do Máster Interuniversitario en Neurociencia vinculadas ao módulo de Neurociencia Cognitiva, ou ben das materias adscritas ás áreas de Psicobioloxía e de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento do Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola USC.

    3. Estudantes que, non cursando un máster do ámbito da Psicoloxía Clínica e da Saúde, desexen realizar a súa tese nas liñas de Psicoloxía Clínica e da Saúde, deberán cursar entre 9 e 15 créditos (a determinar pola Comisión, en función da formación previa) de entre as materias obrigatorias e optativas do Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria adscritas ás áreas de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos e de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento.

    4. Para os/as estudantes que non cursasen un máster do ámbito da Neurociencia, a Psicoloxía Clínica ou a Psiquiatría e desexen realizar a súa tese en liñas de carácter máis tecnolóxico (neuroimaxe, modelos computacionais, etc.) determinaranse os complementos de formación necesarios de forma individualizada en función da formación previa e o campo específico de realización da tese, de entre as materias obrigatorias e optativas do Máster Interuniversitario en Neurociencia.

    Os/as estudantes que accedan ao programa cun título de Grao de 300 ECTS no cal non se inclúan créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster, deberán cursar entre 9 e 15 créditos de dita características dos másteres en Neurociencia ou en Psicoloxía Xeral Sanitaria arriba indicados. Nos últimos anos, os complementos de formación máis habituais que se propuxeron para que cursen como materias complementarias os estudantes admitidos foron: Neuroquímica (P2012102, 4ECTS, obrigatoria), Neuroanatomía (P2012103, 4 ECTS, obrigatoria) e Exploracións Nucleares en Neuroloxía: SPECT e PET Neuroimaxe Dixital (P2012205, 3 ECTS, optativa) do Máster Interuniversitario en Neurociencia da USC, UDC e UVIGO.

    A realización dos complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos, non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando/a ata a súa superación, e a súa realización non computará para os efectos dos prazos mínimos e máximos marcados para a realización dos estudos de doutoramento. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de catro cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o/a estudante causará baixa no programa.

  • Desde o punto de vista científico, o programa de doutoramento pretende formar investigadores/as, primando a interdisciplinariedade e abarcando áreas da neurociencia básica, aplicada e a psicoloxía clínica e a psiquiatría. Entre os maiores retos da investigación está chegar a comprender o funcionamento do encéfalo, desde o substrato molecular ata as bases da memoria, a intelixencia e a acción consciente; os mecanismos que as sustentan, e as estratexias de intervención máis adecuadas para mellorar a saúde e a calidade de vida. Con este obxectivo, o programa inclúe investigadores/as adscritos a diferentes áreas de coñecemento, encadradas nos campos de especialización da neurobioloxía, a neurociencia cognitiva, a psicoloxía clínica e a psiquiatría, tal como reflicte a denominación do título e recollen as liñas de investigación incluídas. Preténdese, por tanto, proporcionar a formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nos ámbitos mencionados, e facilitar un marco de interrelación con outros/as doutorandos/as que fomente a interdisciplinariedade. Proponse fomentar un espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o estudo do cerebro desde un punto de vista morfolóxico, estrutural, funcional, computacional, e do desenvolvemento, ademais da súa relación recíproca con variables psicosociais, coa fin de comprender o comportamento humano, para facilitar o desenvolvemento de estratexias preventivas e terapéuticas fronte ás principais enfermidades neurolóxicas e trastornos psiquiátricos. O estudo do sistema nervioso en xeral e do encéfalo humano en particular é unha das liñas prioritarias de investigación en todo o mundo. Un dos maiores retos da investigación é descubrir os misterios do encéfalo, desde o funcionamento das pequenas moléculas que o forman, ata as bases da memoria, a intelixencia, a vontade e a súa interacción co medio. O coñecemento do sistema nervioso permitirá combater as enfermidades que o afectan e mellorar a calidade de vida. Nas dúas áreas de psicoloxía e na área de psiquiatría que participan nesta iniciativa existe un amplo número de investigadores/as que soportan liñas financiadas e moi competitivas, sobre problemas de saúde con ampla repercusión clínica e social como as drogodependencias (alcoholismo, tabaquismo etc.), depresión, problemas de conduta na infancia e na adolescencia ou trastornos da conduta alimentaria, por mencionar algúns.

    Desde o punto de vista científico, o programa de doutoramento pretende formar investigadores/as, primando a interdisciplinariedade e abarcando áreas da neurociencia básica, aplicada e a psicoloxía clínica e a psiquiatría. Entre os maiores retos da investigación está chegar a comprender o funcionamento do encéfalo, desde o substrato molecular ata as bases da memoria, a intelixencia e a acción consciente; os mecanismos que as sustentan, e as estratexias de intervención máis adecuadas para mellorar a saúde e a calidade de vida. Con este obxectivo, o programa inclúe investigadores/as adscritos a diferentes áreas de coñecemento, encadradas nos campos de especialización da neurobioloxía, a neurociencia cognitiva, a psicoloxía clínica e a psiquiatría, tal como reflicte a denominación do título e recollen as liñas de investigación incluídas. Preténdese, por tanto, proporcionar a formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nos ámbitos mencionados, e facilitar un marco de interrelación con outros/as doutorandos/as que fomente a interdisciplinariedade. Proponse fomentar un espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o estudo do cerebro desde un punto de vista morfolóxico, estrutural, funcional, computacional, e do desenvolvemento, ademais da súa relación recíproca con variables psicosociais, coa fin de comprender o comportamento humano, para facilitar o desenvolvemento de estratexias preventivas e terapéuticas fronte ás principais enfermidades neurolóxicas e trastornos psiquiátricos. O estudo do sistema nervioso en xeral e do encéfalo humano en particular é unha das liñas prioritarias de investigación en todo o mundo. Un dos maiores retos da investigación é descubrir os misterios do encéfalo, desde o funcionamento das pequenas moléculas que o forman, ata as bases da memoria, a intelixencia, a vontade e a súa interacción co medio. O coñecemento do sistema nervioso permitirá combater as enfermidades que o afectan e mellorar a calidade de vida. Nas dúas áreas de psicoloxía e na área de psiquiatría que participan nesta iniciativa existe un amplo número de investigadores/as que soportan liñas financiadas e moi competitivas, sobre problemas de saúde con ampla repercusión clínica e social como as drogodependencias (alcoholismo, tabaquismo etc.), depresión, problemas de conduta na infancia e na adolescencia ou trastornos da conduta alimentaria, por mencionar algúns.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Jannette Rodriguez Pallares

    Secretario/a
    Ana Maria Muñoz Patiño

    Vogais
    Raimundo Mateos Alvarez
    Fernando Cadaveira Mahía
    Estrella Romero Triñanes
    Montserrat Zurrón Ocio
    Anton Barreiro Iglesias
    Ana López Durán

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.