Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Medicina Molecular

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.medicinamolecular@usc.es

O programa pretende continuar coa formación de calidade de investigadores no ámbito das bases moleculares das enfermidades humanas. A investigación en saúde humana é un eixe prioritario dos distintos programas de xestión do coñecemento e a innovación, tanto no ámbito autonómico, como estatal e europeo.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600507
    Número prazas: 40

    Coordinador-a do título:
    Pablo Aguiar Fernández
    pablo.aguiar@usc.gal

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    22/06/2021

    Códigos ISCED:
    (721) Medicina
    (0912) Medicina

    O Programa pretende continuar coa formación de calidade de investigadores no ámbito das bases moleculares das enfermidades humanas. A investigación en saúde humana é un eixe prioritario dos distintos programas de xestión do coñecemento e a innovación, tanto no ámbito autonómico, como estatal e europeo. En particular, o estudo das bases celulares, moleculares e xenéticas das enfermidades humanas é un dos campos que experimentaron unha expansión máis forte nos últimos anos. Estes estudos son unha fonte constante de información relevante para o coñecemento das patoloxías humanas, contribuíndo decisivamente a mellora en diagnóstico, pronóstico e tratamento, aspectos todos que se beneficiaron directamente da irrupción das técnicas moleculares na medicina. Así pois, existe unha elevada necesidade de formar investigadores cualificados nestes ámbitos, que nutran os ámbitos académico, sanitario e biotecnolóxico.
    O principal obxectivo formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e traslacional de excelencia científica. Ao acabar os seus estudos de doutoramento, os estudantes adquirirían as competencias básicas e as destrezas e capacidades do artigo 5 do RD99/2011.

    O estudo das bases celulares, moleculares e xenéticas das enfermidades humanas é un dos campos que experimentaron unha expansión máis forte nos últimos anos. Estes estudos son unha fonte constante de información relevante para o coñecemento das patoloxías humanas, contribuíndo decisivamente a mellora en diagnóstico, prognóstico e tratamento, aspectos todos que se beneficiaron directamente da irrupción das técnicas moleculares na medicina. Así pois, existe unha elevada necesidade de formar investigadores cualificados nestes ámbitos, que nutran os ámbitos académico, sanitario e biotecnolóxico. O principal obxectivo é formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e translacional de excelencia científica.

  • Asistencia a seminarios de investigación

    • E2101A01

    Impartición dun seminario de investigación

    • E2101A02

    Actividades de investigación

    • E2101A03
  • O principal obxectivo é formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e traslacional de excelencia científica.

    O Programa pretende continuar coa formación de calidade de investigadores no ámbito das bases moleculares das enfermidades humanas. A investigación en saúde humana é un eixe prioritario dos distintos programas de xestión do coñecemento e a innovación, tanto no ámbito autonómico, como estatal e europeo. En particular, o estudo das bases celulares, moleculares e xenéticas das enfermidades humanas é un dos campos que experimentaron unha expansión máis forte nos últimos anos. Estes estudos son unha fonte constante de información relevante para o coñecemento das patoloxías humanas, contribuíndo decisivamente a mellora en diagnóstico, pronóstico e tratamento, aspectos todos que se beneficiaron directamente da irrupción das técnicas moleculares na medicina. Así pois, existe unha elevada necesidade de formar investigadores cualificados nestes ámbitos, que nutran os ámbitos académico, sanitario e biotecnolóxico.
    O principal obxectivo formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e traslacional de excelencia científica. Ao acabar os seus estudos de doutoramento, os estudantes adquirirían as competencias básicas e as destrezas e capacidades do artigo 5 do RD99/2011.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Pablo Aguiar Fernández

    Secretario/a
    Tomás Sobrino Moreiras

    Vogais
    Jose Antonio Costoya Puente
    Jose Manuel Martinez Costas
    Eva Yebra-Pimentel Vilar
    Miguel Ángel García González
    Victor Manuel Arce Vazquez
    Aurora Gomez Duran
    Ricardo Villa Bellosta
    Julio Manuel Maside Rodriguez
    Miguel Ángel García González

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.