18.12.2025 | 19.00h
A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Facultade de Filoloxía da USC acolle o xoves 18, ás 19.00 horas, un recital poético do escritor chileno Víctor Hugo Díaz. Abrirá o acto o poeta Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente, tras o cal o docente Paco Pita, ex-presidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada, presentará o convidado. Seguidamente, o autor recitará os seus poemas e a doutora Laura Paz Fentanes lerá as mesmas composicións traducidas ao galego polo escritor chileno de orixe galaica Edmundo Moure Rojas.