A Asociación Cultural o Castro comezou a súa actividade en 1990 na parroquia de Baión, Vilanova de Arousa.
Pouco a pouco foi aumentando a cantidade e calidade das súas actividades, así coma o seu ámbito territorial de actuación. A partir de 2012 lévanse a cabo, entre outros, proxectos medioambientais, de carácter etnográfico e, sobre todo, de carácter social. Nos máis de trinta anos de historia, a asociación foi medrando ata ter máis de 2.500 socias/os
Acompañamento de persoas enfermas en colaboración co SERGAS
Seguimento e avaliación dos acompañamentos que permitan aumentar en calidade as intervencións.
- Horario: unha vez á semana, de 11 a 13 h.
- Prazas: 1