Pasar al contenido principal

Sede Vilagarcía

Os primeiros castelos de Galicia: a chegada do románico -VILAGARCÍA-

12, 13 e 16 de xaneiro de 2026 HORARIO: 10:00-12:00

A arquitectura dos castelos é unha das máis fascinantes que nos legou a Idade Media. Xunto coa súa evidente función militar e defensiva, o castelo era tamén unha imaxe permanente na paisaxe que representaba o poder señorial e lembraba ós campesiños o seu lugar dentro da estamentaria sociedade medieval.
En Galicia, o proceso de encastelamento comezou moi cedo. Aínda que as construcións militares que sobreviven do século XI non son escasas son o suficientemente relevantes como para facernos unha idea da súa envergadura e distribución. Ilustran, ademais, o proceso de introdución da arquitectura románica en Galicia no século XI e a presenza no reino de obradoiros itinerantes de formación lombarda ou canto menos aragonesa que tamén se detecta na arquitectura relixiosa do momento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2025.