Pasar al contenido principal

Seminario web con inscrición previa

As métricas dos perfís de investigadores de Web of Science (nivel avanzado)

11.12.2025 | 14.00h-15.00h

O II Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate, terá lugar durante o segundo semestre do ano (xullo-decembro), co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas, en español, de 60 minutos de duración.

Aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de decembro
Aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de decembro

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión serán:

  • As publicacións, as métricas asociadas e opcións de exportación.
  • Interpretar as métricas normalizadas do beamplot de impacto do autor.
  • Analizar publicacións e documentos citantes para obter unha visión panorámica.

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

Podes inscribirte nesta ligazón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2025.