Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Balconada House

O servizo ocúpase da planificación e da orzamentación da USC, así como do seguimento da súa execución e do análise do resultado da súa actividade a través da contabilidade analítica. A actividade do servizo concrétase a través dos seguintes descritores:
- Seguimento da execución do Plan Galego de Financiamento Universitario e outros instrumentos de financiamento (convocatorias competitivas, convenios,... )
- Seguimento do financiamento afectado en relación á execución das actividades financiadas.
- Seguimento da execución do orzamento e a súa proxección, tanto en gastos, como en dereitos e tesouraría.
- Análise do resultado de actividade e dos indicadores de xestión e elaboración do informe de contabilidade analítica a incluír nas Contas Xerais da universidade.
- Establecemento de tarifas por prestación de servizos.
- Definición da estrutura de programas que permita un correcto seguimento da actividade da universidade, así como o mantemento do resto de codificación económica.
Estas competencias desenvolveranse en coordinación coa Subárea de Contabilidade.

Persoal

The contents of this page were updated on 11.15.2022.