Skip to main content

Xeografía e Historia aproba un escrito en defensa do Patrimonio Cultural de Galicia

Estudantado diante da Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Estudantado diante da Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
O centro expresa con este texto “o seu desacordo” coa proposta de modificacións introducidas na nova lei que regula este ámbito
Santiago de Compostela

A Xunta de Goberno da Facultade de Xeografía e Historia, na súa xuntanza do 16 de decembro, aprobou un  escrito en defensa do Patrimonio Cultural de Galicia.

O centro expresa con este texto “o seu desacordo coa proposta de modificacións introducidas na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, que delega nos concellos a autorización de intervencións en bens catalogados con protección estrutural ou ambiental, eliminado a preceptiva autorización previa da Consellaría de Cultura”.
 

The contents of this page were updated on 12.18.2025.