Skip to main content

25N na BUSC

O centro de interese está sitúado na sala de lectura da Biblioteca Xeral
O centro de interese está sitúado na sala de lectura da Biblioteca Xeral
A BUSC súmase á conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller con actividades nos distintos puntos de servizo.

O 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, a BUSC organiza diversas actividades nos seus puntos de servizo co obxectivo de visibilizar este tipo de violencia que, segundo ONU Mulleres, é a violación dos Dereitos Humanos máis estendida do mundo. 

Biblioteca Xeral
A Biblioteca Xeral elaborou un centro de interese que recolle un conxunto de obras centradas na denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo, así como obras en galego de escritoras feministas que visibilizan a loita das mulleres contra o sistema patriarcal. 

Entre as obras que podemos atopar aparecen: Manifesto 25N: trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller, 22 documentos do feminismo galego ou Basta! Guía de autodefensa para adolescentes. Tamén se inclúen obras das autoras Rebeca Solnit, Gloria Steinem e Vanessa Springora con O consentimento.

O centro de interese está sitúado na sala de lectura da Biblioteca Xeral e todos os libros están dispoñibles para levar en préstamo a domicilio.  

Biblioteca Concepción Arenal
Con motivo do 25N a Biblioteca Concepción Arenal organiza unha mostra bibliográfica dedicada á violencia contra as mulleres, co obxectivo de visibilizar e difundir os recursos dispoñibles na colección da biblioteca. As primeiras persoas que realicen un préstamo dun dos títulos expostos recibirán como agasallo unha camiseta cedida polo Concello de Santiago.

As primeiras persoas que realicen un préstamo dun dos títulos expostos recibirán como agasallo unha camiseta
As primeiras persoas que realicen un préstamo dun dos títulos expostos recibirán como agasallo unha camiseta

Biblioteca de Formación do Profesorado (Campus de Lugo)
Co lema  Ler e actuar : escoita, acompaña, denuncia, a Biblioteca de Formación de Profesorado preparou unha escolma de lecturas que abrangue ensaio, cómic, novela, e autobiografía arredor da violencia contra as mulleres. O persoal da biblioteca participará tamén na lectura do Manifesto de RUIGEU.

A escolma de lecturas que abrangue ensaio, cómic, novela, e autobiografía arredor da violencia contra as mulleres
A escolma de lecturas que abrangue ensaio, cómic, novela, e autobiografía arredor da violencia contra as mulleres
The contents of this page were updated on 11.27.2025.