Skip to main content

Certificación dixital

As Microcredenciais Universitarias pódense certificar dixitalmente a través de Europass. Unha certificación dixital atoparemos toda a información necesaria para demostrar as competencias profesionais adquiridas a través da formación.

Europass é unha iniciativa da Unión Europea para facer transparente a presentación de competencias e cualificacións, co obxectivo de facilitar a mobilidade laboral e académica, que se traduciu un conxunto gratuíto de ferramentas en liña que permiten xestionar as competencias e planificar a aprendizaxe e a carreira profesional en Europa. 

Entón unha vez finalices unha microcredencial na USC, expedirase unha credencial dixital europea para a aprendizaxe (EDC). Trátase dunha versión dixital verificable dunha certificación expedida por unha organización (a USC) a un estudante para documentar a súa aprendizaxe.

Quen pode crear unha conta en Europass?

Todo o mundo pode crear unha conta de xeito gratuíto no portal de Europass.

Que é unha conta de Europas?

Na túa conta de Europass podes rexistrar todas as túas experiencias de traballo, educación, coñecementos, habilidades etc. Ademais, todos os documentos que describen os logros alóxanse nunha biblioteca persoal ou carteira persoal (wallet) onde se poden gardar títulos, cartas de referencia, documentos,...

Que é a biblioteca ou carteira persoal?

A túa carteira Europass é un espazo dentro da túa conta Europass no que podes almacenar as túas credenciais de xeito seguro e dende o que podes compartir facilmente as túas credenciais directamente e incluílas ó postular xunto con teu CV, a túa carta de presentación e outros documentos.

Que sucede cando me expiden unha certificación dixital?

Cando unha institución che expide unha EDC, pódela recibir directamente na túa biblioteca Europass (sempre que especificaras o usuario ou ID) e por correo electrónico (chegarache un arquivo .json), o que che permitirá cargar a credencial na túa biblioteca Europass ou arquivala no teu dispositivo.

Se non dispós dunha conta asociada ao email indicado, Europass creará de xeito provisional un perfil para que poidas comezar a empregalo.

Como podo visualizar a miña credencial dixital se non teño unha conta de Europass?

Se non dispós dunha conta Europass podes visualizar e navegar a través do portal EDCI Viewer de Europass EDCI Viewer de Europass.

Para que podo necesitar unha credencial dixital de Europass?

Podes compartir as túas credenciais dixitais de Europass coas empresas, os centros educativos e de formación e demais organizacións que necesiten información sobre os teus estudos. Cando reciban a túa credencial dixital, poderán comprobar automaticamente que a túa cualificación é real e perténceche a ti e interpretarán mellor o alcance das túas capacidades e experiencias. Verifica sempre a identidade dos destinatarios cos que compartes as túas credenciais. Se conservas as túas credenciais na túa biblioteca Europass, poderás compartilas durante un período de tempo limitado.

The contents of this page were updated on 12.12.2025.