‘O dereito de familia galego no 75 aniversario do cabodano de Castelao e no 30 aniversario da Lei 4/1995, do 24 de maio, de Dereito Civil de Galicia’
No 75 aniversario do pasamento de Daniel Castelao, a Universidade de Santiago quere sumarse aos actos de conmemoración que se organizan por toda Galicia cunha mostra sobre Castelao e o dereito civil galego de familia que comisaría a profesora Belén Trigo García.
A inauguración da exposición ‘Cousas de Familia. O dereito de familia galego no 75 aniversario do cabodano de Castelao e no 30 aniversario da Lei 4/1995, do 24 de maio, de Dereito Civil de Galicia’ terá lugar ás 12.00 horas na Biblioteca Universitaria Concepción Arenal.
Os traballos de coordinación da exposición, que conta co apoio financeiro da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional da Xunta de Galicia e do grupo de investigación De Conflictu Legum, correron a cargo de Mª Paz García Rubio e Antonia Nieto Alonso e a coordinación bibliográfica estivo na man de José Rodríguez Dopazo.