Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Escola Técnica Superior de Enxeñaría, 2022
Cartel do premio

Premio de creación de vídeos sobre enxeñería informática e química.

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o concurso de vídeos VÍDEO-ENXEÑOS, cuxos obxectivos son:

    • Promover o uso do galego entre o alumnado das titulacións da ETSE.
    • Visibilizar as titulacións de grao e mestrado do centro e mellorar o coñecemento da ETSE pola sociedade.
    • Divulgar entre a sociedade galega aspectos interesantes da enxeñaría informática e da enxeñaría química.
    • Estimular a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais.

    Pode participar no concurso o alumnado de ETSE do curso 2021-2022, para o cal deberá presentar un vídeo en galego de entre 2 e 3 minutos, que poderán ser de carácter xeral sobre algún aspecto ou temática emerxente dos estudos impartidos na ETSE, divulgativos ou proxectos educativos para o ensino secundario.

    O prazo de presentación remata o día 29 de abril de 2022.

    Hai catro premios por valor de 325 euros cada un.

  • O prazo de presentación remata o día 29 de abril de 2022.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2023.