Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Novas Masculinidades, Coidados e Corresponsabilidade

A transformación dos roles de xénero é esencial para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria. Neste contexto, o concepto de novas masculinidades busca desmontar os patróns da masculinidade hexemónica, promovendo modelos máis xustos e equitativos. Este curso pretende proporcionar unha comprensión crítica das relacións de xénero, incidindo na importancia dos coidados e a corresponsabilidade como eixos fundamentais para o cambio social. A través dunha metodoloxía reflexiva e participativa, os/as participantes desenvolverán habilidades para analizar e cuestionar os discursos tradicionais sobre a masculinidade e propoñer estratexias que fomenten a equidade de xénero no ámbito persoal e profesional.

  • O curso está destinado a PDI, PEI, PTXAS e estudantado da USC: é preciso, polo tanto, ser membro da Comunidade Universitaria.

    Obxectivos:

    1. Identificar e analizar os diferentes modelos de masculinidade.
    2. Reflexionar sobre o impacto dos roles de xénero no traballo de coidados.
    3. Propoñer accións concretas para promover a corresponsabilidade.
    4. Aplicar estratexias de cambio na súa contorna persoal e profesional.
    5. Deseñar campañas ou proxectos que fomenten novas masculinidades e a equidade de xénero en diferentes contextos.

    Competencias:

    1. Desenvolver a capacidade de identificar e responder a discursos sobre xénero e masculinidade de maneira crítica e fundamentada.
    2. Avaliar os efectos da masculinidade hexemónica e as alternativas existentes mediante unha análise reflexiva e argumentada.
    3. Promover a transformación das relacións de xénero a través da sensibilización e da aplicación de boas prácticas.
    4. Identificar os cambios nos modelos de masculinidade e o seu impacto nas dinámicas sociais e económicas.
    5. Empregar linguaxes e prácticas que fomenten a igualdade e a corresponsabilidade nos distintos ámbitos sociais e profesionais.

    Procedemento de avaliación:

    • Participación activa nas sesións (20%).
    • Elaboración dun diario de aprendizaxe/reflexión (30%).
    • Traballo final aplicando os coñecementos adquiridos a un caso práctico (50%).

  • Datas e horario

    • 5, 6 e 7 de maio de 16.30 a 20.30 h
    • 8 de maio de 16:30 a 19:30h.

    Lugar: Facultade de Dereito. Campus Vida. Santiago de Compostela. Aula de Civil.

    Número de horas:  15 horas

    Prazas: 25

    Selección: Por orde de inscrición

    Preinscrición: do 16 ao 23 de abril de 2025


    1.    Menú da esquerda: Admisión. Seleccionar: Estudos Propios.
    2.    Aparecen os cursos de Formación Específica e Microcredenciais. Seleccionar o de interese. 
    3.    Continuar o proceso segundo as indicacións.
    4.    IMPORTANTE: o curso é gratuito, non se ten que realizar ningún tipo de pago por ningún concepto. 
     

    Matrícula: do 24 ao 27 de abril de 2025

    1. Na páxina principal no apartado de matrícula da columna esquerda, débese marcar a opción Matrícula
    2. Na seguinte pantalla, marcar  a OPCION   8 (alumnado que desexa facer a matrícula en estudos propios)
    3. A continuación,  aparecerá  o curso no que está admitido e deberá seguir os pasos que lle indica a aplicación ata terminar o proceso da matrícula. Lembre que o curso é gratuíto, polo que non debe facer ningún pagamento;  aínda que apareza a opción, poderá continuar co proceso sen realizar ningún pago . 
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2025.