-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 26
Total: 53Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e MedicinaÁreas:
Medicina Preventiva e Saúde PúblicaCentro
Facultade de Óptica e OptometríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
O programa da materia pretende que, ao final dos estudos, o alumno:
1. Aprenda e practique os métodos de investigación e análise nos diferentes estudos epidemiolóxicos.
2. Coñeza os principais factores de risco que afectan á saúde xeral e á visión en particular.
3. Coñeza as medidas máis adecuadas para a realización de accións preventivas, tanto na comunidade como no propio individuo.
4. Sexa capaz de servir de vía de comunicación entre o individuo e os servizos sanitarios, mediante a información que poida proporcionar como axente educador sanitario.Concepto de saúde e niveis de prevención. Conceptos de Saúde Pública, introdución, evolución, ferramentas.
Nocións de demografía médica: demografía estática, demografía dinámica.
Metodoloxía epidemiolóxica: medidas de frecuencia, medidas de efecto, introdución aos deseños epidemiolóxicos, análise epidemiolóxica, interpretación de resultados.
Epidemioloxía das enfermidades causantes de cegueira.
Epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles. Administración e xestión
sanitaria. Nocións de educación sanitariaPiédrola Gil et al. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª Edición. Barcelona: Masson, 2015.
- Hatc SW. Ophtalmic Research and Epidemiology. 1998. Ed. Butterworth-Heinemann
- Manual de método epidemiológico del Instituto de Salud Carlos III: https://repisalud.isciii.es/rest/api/core/bitstreams/8cf276e2-822f-44e8…
- Ahlbom A, Alfredsson L, Alfvén T, Bennet A. Fundamentos de epidemiología. Ed Siglo XXI. 2007.
- Johnson GJ et al. The epidemiology of eye diseases (3rd edition). London: Imperial College Press, 2012Coñecementos:
• Con_38. Coñecer os modelos epidemiolóxicos das principais patoloxías visuais.
• Con_90. Coñecer os principios de saúde e enfermidade.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
• HyD_22. Aplicar as técnicas de educación sanitaria e os principais problemas xenéricos de saúde ocular.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexa competente no plantexamento/solución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.Docencia expositiva: O profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se estudarán algúns problemas tipo, de maneira que o alumnado poida resolver exercicios pola súa conta máis tarde. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario de consulta obrigatoria.
Docencia interactiva: Faranse exercicios con casos reais para desenvolver os conceptos apuntados nas clases expositivas. Durante esta clases intercativas realizaranse as presentacións de trabállos dos alumnos.
Titorías: están destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos sobre a materia.Avaliación continua (30%): a avaliación continua realizarase sobre a base da presentación de traballos en clase, xeralmente por grupos pequenos. Estes traballos son obrigatorios. Para que estas actividades consten na avaliación final e para que o alumno teña dereito a presentarse ao exame final, deberá asistir como mínimo ao 75% das clases tanto expositivas como interactivas. Para o control de asistencia, o profesorado rexistrará o alumnado mediante lista de firmas.
Exame final (70%): consistirá na resolución de cuestións prácticas ou teóricas sobre o contido da materia, xeralmente mediante proba tipo test ou preguntas curtas. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que na sesión ordinaria, o alumno deberá ter cumpridos todos os requisitos de presenza e de presentación de exercicios e traballos que para a sesión ordinaria.
Sistema de avaliación do alumno repetidor: o mesmo réxime de avaliación que o alumno ordinario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.O volume horario de aprendizaxe individual é de aproximadamente 100 horas.
É imprescindible que o alumno non acumule atraso na aprendizaxe individual, sobre todo nas partes máis matemáticas da materia (demografía e epidemioloxía) xa que os conceptos están relacionados entre si.
-
El Bahi Takkouche Souilamas
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812268
- Correo electrónico
- bahi.takkouche@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
1º semestre - Do 08 ao 14 de setembro Luns 11:00-13:00 Grupo /CLE_01 Castelán Aula 1 Martes 11:00-13:00 Grupo /CLIS_01 Castelán Aula 1 Mércores 11:00-13:00 Grupo /CLIS_02 Castelán Aula 1 Exames 12.01.2026 17:00-19:00 Grupo /CLE_01 Aula Magna 22.06.2026 17:00-19:00 Grupo /CLE_01 Aula 3