CON01 - Describir os principios, conceptos e dimensións da economía circular en organizacións diversas, sexan estas públicas ou privadas, empresas mercantís ou sociais, ONG, ou organizacións doutro tipo, que promovan modelos de produción e consumo sostibles.
CON02 - Identificar as vantaxes e desafíos de facer a transición dunha economía lineal a unha economía circular, así como a súa contribución ao desenvolvemento sostible ambiental, económica, política e socialmente, avaliando os retos, barreiras e oportunidades asociados.
CON03 - Comprender os diferentes problemas ambientais e de recursos existentes na actualidade e a futuro, incidindo na conexión entre os devanditos problemas e os principais hábitos e sistemas de utilización de recursos das sociedades industriais, como principais causantes dos mesmos.
CON04 - Coñecer os novos avances científico-técnicos que permitan minorar os principais problemas relacionados coa contaminación, incluído o cambio climático.
CON05 - Enumerar os retos ambientais, económicos e sociais na transición dun marco lineal a un marco circular.
CON06 - Identificar e describir os diferentes compoñentes da cadea de valor, así como os principais axentes implicados na toma de decisión a diferentes niveis, adaptando así a necesaria perspectiva sistémica.
CON07 - Identificar e describir as diferentes técnicas de xestión de materiais excedentarios (x.e. residuos, subprodutos etc.)/ etc.), facendo especial énfase nas técnicas de transformación e valorización. Definir estratexias de xestión de residuos baseadas na protección ambiental e na eficiencia empresarial.
CON08 - Recoñecer o marco legal de aplicación, así como as normas de xestión ambiental nas que se apoia devandito marco (familia ISO 14000, ISO 26000 ) e a folla de ruta establecida por Nacións Unidas a través dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
CON09 - Recoñecer os principais estándares, ferramentas e métodos de avaliación ambiental; tales como a avaliación de impacto ambiental ou as ferramentas baseadas no pensamento de ciclo de vida.
CON10 - Recoñecer os métodos de eco-control que permiten analizar as oportunidades e os riscos en materia ecolóxica, tales como eco-balances, análises do fluxo de materiais, ou contabilidade ambiental.
CON11 - Identificar e describir o rol da enerxía na sociedade, o uso e abastecemento da enerxía e os impactos sociais e ambientais da enerxía convencional; avaliando eficiencia enerxética e deseñando a transición a fontes de enerxía de baixo impacto (enerxías renovables, hidróxeno) e as tecnoloxías limpas.
CON12 - Recoñecer os conceptos asociados á xestión da innovación, os sistemas de innovación, a eco-innovación, a innovación aberta e sostible, ou a perspectiva multi-nivel, e a súa achega á sustentabilidade do desenvolvemento de produtos/procesos/ servizos innovadores.
CON13 - Identificar as tecnoloxías da información e as comunicacións que permiten mellorar os sistemas de economía circular.
CON14 - Recoñecer a potencialidade real de circularidade.
CON15 - Identificar oportunidades estratéxicas de negocio que repercutan beneficios para a sociedade e o medioambente e xeren rendibilidade para a empresa a partir dos desafíos expostos pola transición cara a modelos de produción sostibles.