Proxecto de construcción de unha bodega de 120.000l/ano de albariño con DO Rías Baixas en Ribadumia, Pontevdra
Autoría
D.A.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

Data da defensa
18.02.2025 12:00
18.02.2025 12:00
Resumo
O presente proxecto; Adega de 120.000l/ano de albariño con DO Rías Báixas localizada en Ribadumia(Pontevedra), ten como principal obxectivo dimensionar, deseñar e avaliar, conforme a todas as normativas vixentes, as infraestruturas necesarias para levar a cabo a produción e almacenamento de viño de alta calidade, cumprindo cos estándares da Denominación de Orixe Rías Baixas. As instalacións situaranse nunha parcela propiedade do promotor, destinada ao uso agrícola, e localízase en Ribadumia, Pontevedra. O deseño inclúe unha nave principal de 40 x 20 m con estrutura de formigón armado e cuberta a dúas augas, dividida en áreas funcionais como a recepción de uva, fermentación, encubado, embotellado e almacén. Ademais, conta cunha zona de oficinas e un laboratorio enolóxico. Tamén se inclúen zonas auxiliares como vestiarios e unha pequena tenda para visitantes. No presente proxecto elabóranse todos os cálculos construtivos, de deseño e dimensionado das instalacións de saneamento, fontanería e de electricidade ademais de levar adxuntos os seus pertencentes estudos de seguridade e saúde e xestión de residuos correspondentes. O proceso produtivo baséase nunha produción anual de 120.000 litros de viño, empregando técnicas modernas de vinificación combinadas con métodos tradicionais para asegurar a máxima calidade. Inclue todas as etapas dende a recepción da uva ata o embotellado e expedición do viño. O orzamento de execución por contrata ascende a 815.174,82 €, e estímase que a obra dure un total de 104 días laborais. A finalidade do proxecto é establecer unha adega rendible e sostible, que combine innovación tecnolóxica e tradición, ofrecendo produtos de alta calidade baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. Ademais, búscase fomentar o desenvolvemento económico da rexión e o crecemento da viticulcura e produción de viño das Rías Baixas.

Dirección
LAMOSA QUINTEIRO, SANTIAGO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO Cotitoría
LAMOSA QUINTEIRO, SANTIAGO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)