A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acollerá o venres 21 de novembro a partir das 11:30 a unha xornada baixo o epígrafe: Sprint de innovación: xerar ideas con impacto. Trátase dunha sesión de formación deseñada para xerar e visualizar ideas innovadoras e con impacto a través da medodoloxía Design Sprint.
Dirixida a estudantes de Grao e Máster da EPSE ou doutras titulacións, a inscripción (30 plazas )deberá realizarse antes do 20/11/2025. Esta xornada será unha experiencia de innovación aberta, para crear e validar ideas de forma áxil, porque o Design Sprint solventa retos nun período curto de tempo, de forma transversal e colaborativa.
As persoas participantes adquirirán novas habilidades de emprendemento e traballo en equipo, cun enfoque práctico e orientado á acción.
A actividade computará para a obtención de 1 ECTS no marco do USC Emprende.