Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Introdución á análise espacial e á econometría espacial con R

  • 2024/2025

Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Curso sobre técnicas espaciais para usuarios de R, mais orientado cara a ciencias sociais, aínda que podería interesar a estudantes doutras disciplinas.

  • Localización
    ONLINE

    Modalidad
    Telemática

    Duración
    Horas presenciales: 15
    Horas de trabajo: 10
    Total: 25

    Matrícula en la actividad
    30/12/2024 - 07/01/2025

    Desarrollo de la actividad
    13/01/2025 - 28/01/2025

    Profesor/a externo/a
    Fernando Bruna Quintas

    Número total de plazas
    20

    Tasa general
    0

    Matrícula
    Límite de plazas con lista de espera
    Matrícula

  • Grupo Lugar Fechas Horario
    Introdución á análise espacial e á econometría espacial con R Actividade ONLINE, usando Microsoft TEAMS Clases online: 13, 15, 17 e 22 de xaneiro de 2025. Titorías online para dúbidas, preguntas sobre a proba do curso e posibles comentarios sobre a parte empírica das vosas teses: 24 e 28 de novembro de 2024. Entrega de traballos: 2 de febreiro de 10:00 a 12:30h
  • Tras repasar á lóxica de R como Sistema de Información Xeográfica (SIX) e para facer mapas, o curso céntrase nas técnicas da econometría espacial, que recollen a información sobre os “veciños”, ponderando as súas observación (matriz W), así como na estimación de modelos espaciais (SAR, SEM, GWR...).

    • Requisito: Imprescindible ter xa certa soltura usando R.
    • Introdución a R como SIX e elaboración de mapas
    • A matriz W de pesos espaciais. Análise exploratoria espacial
    • Estimación de modelos globais de econometría espacial con datos en sección cruzada e datos de panel
    • Heteroxeneidade espacial: regresión xeograficamente ponderada (GWR) e modelos multinivel
  • A avaliación do curso consistirá na elaboración e entrega de exercicios e tarefas propostas polo profesor.
  • Fernando Bruna é profesor de Crecemento Económico en Economía Espacial na Universidade da Coruña. É graduado en Economía, Socioloxía, e Ciencia Política, ten un mestrado en Modelización Económica Aplicada, e é doutor en Economía. Foi membro do centro de investigación da rede mundial Project LINK (Toronto), e xerente dunha empresa consultora. A súa investigación céntrase na análise dos efectos contextuais nas decisións e comportamento de axentes individuais e territorios. O seu traballo de análise de datos usando R tense publicado en distintas revistas de alto impacto.